Antonio Cid Cortés
Antonio Cid Cortés, nado o 16 de febreiro de 1954 en Xunqueira de Espadanedo, é un deportista galego e medallista paralímpico de boccia.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1954 (70 anos) Xunqueira de Espadanedo, Galiza |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | boccia player (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | Boccia |
Participou en | |
setembro de 2004 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2004 (pt) |
outubro de 2000 | Jogos Paralímpicos de Verão de 2000 (pt) |
agosto de 1996 | Jogos Paralímpicos de Verão de 1996 (pt) |
setembro de 1992 | Jogos Paralímpicos de Verão de 1992 (pt) |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Competindo para España: | |||
Xogos Paralímpicos | |||
Ouro | Barcelona 1992 | Boccia -Individual C1 | |
Ouro | Barcelona 1992 | Boccia -Equipo C1/C2 | |
Ouro | Atlanta 1996 | Boccia -Equipo C1/C2 | |
Prata | Sydney 2000 | Boccia -Individual BC1 | |
Prata | Sydney 2000 | Boccia -Equipo BC1/BC2 | |
Bronce | Atenas 2004 | Boccia -Equipo BC1/BC2 |
Traxectoria editar
Naceu con parálise cerebral infantil, tamén sufriu tetraplexía e está, polo tanto, no grupo BC1 no deporte con discapacidade.
Mentres traballaba nos Países Baixos na década de 1980, comezou a interesarse polo xogo de bolas. Con seis medallas, incluíndo tres de ouro, é un dos atletas máis exitosos do seu deporte durante os Xogos Paralímpicos de Verán. Ademais, gañou sete medallas a nivel mundial, cinco en Europa e 16 en campionatos nacionais españois durante a súa carreira.[2]
Cid Cortés é membro da Asociación Aixiña en Ourense, unha asociación sen ánimo de lucro e lugar de encontro para persoas con discapacidade física e mental.
Distincións editar
- 2006: Real Orde ao Mérito Deportivo
- 2012: Distinción ao Mérito Deportivo de Galicia
- Placa e medalla do concello de Xunqueira de Espanedo[2]
Notas editar
- ↑ Paralimpicos.es (ed.). "Antonio Cid Cortés". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Rodríguez, Luis Manuel (5 de xullo de 2012). "La otra paralimpiada de Antonio". La Voz de Galicia. Consultado o 24 de agosto de 2017.