Antonio Camilo Casal Fernández

futbolista galego

Antonio Camilo Casal Fernández, nado en Ferrol o 26 de maio de 1963, é un exfutbolista galego máis coñecido como Camilo Casal, que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Antonio Camilo Casal Fernández
Información persoal
Nacemento 26 de maio de 1963
Lugar de nacemento Ferrol
Posición dianteiro
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol, chegando a xogar no primeiro equipo entre 1981 e 1983. O seu bo papel fai que o fiche o Celta de Vigo, en Segunda División, na tempada 1983/84.

A súa fichaxe polo Celta non estivo exenta de polémica, xa que tivo que competir co Atlético de Madrid, e produciuse xa que existía un precontrato entre os clubs galgos e acordo co xogador, porén o caso tivo que chegar aos tribunais deportivos. En decembro de 1983 o Comité Nacional de Competición e o Comité Xurisdicional da Real Federación Española de Fútbol, emitiron o veredicto, segundo o cal o xogador unha sanción de tres meses de suspensión a partir da data da sentenza e outra sanción de dous anos de suspensión a partir do momento no que rematase o seu compromiso co Celta de Vigo. A sentenza tamén suporía a suspensión de dous anos do presidente e do secretario do Racing de Ferrol, Vicente Bastida e Riveras Fernández.

Nos seis anos que xogou en Vigo viviu dous ascensos a Primeira División e un descenso a Segunda División consecutivos, tendo sempre un papel importante no equipo.

No verán de 1989 deixou o Celta e fichou polo CA Osasuna, onde xogaría dúas tempadas antes de fichar polo Albacete Balompié e a SD Compostela, aquel ano en Segunda División. Finalmente volveu a Ferrol a xogar dúas tempadas no Racing en Segunda División B. Na súa cidade natal "colgou as botas" e logo marchou aos Estados Unidos de América para xogar nos Seattle SeaDogs, un club de fútbol indoor que existiu entre 1995 e 1997. Unha vez retirado traballou comentando os encontros do Seattle SeaDogs na MLS dos Estados Unidos.