Antonio Beccadelli

poeta italiano

{´sen referencias}}

Infotaula de personaAntonio Beccadelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1394 Editar o valor em Wikidata
Palermo Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1471 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Nápoles (Italia) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor , historiador , diplomático Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGasparino Barzizza (pt) Traducir e Niccolò Tedeschi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJohannes Philippus de Lignamine (en) Traducir, Giovanni Pontano e Antonio De Ferrariis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioPanormita Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata

Antonio Beccadelli, chamado Il Panormita, nado en 1394 e finado en 1471, foi un poeta e humanista italiano, escribiu principalmente en latín.

Traxectoria editar

Pertencía á unha familia nobre de Boloña, os Beccadelli, seu pai Enrico di Vannino Beccadelli, un rico comerciante xogou un importante papel na política siciliana, servindo como pretor de Palermo en 1393, e nesa cidade naceu Antonio Beccadelli no ano seguinte.

Axudou a seu pai nos seus negocios e entusiasmouse cos estudos humanísticos.

Viaxes editar

Beccadelli viaxou por numerosas cidades italianas, foi estudante de Gasparino de Bérgamo en Padua. En 1419 estableceuse durante algún tempo en Florencia, e despois desprazouse ata Siena para estudar xurisprudencia. Dirixiuse logo ata Boloña e alí permaneceu ata agosto de 1427. Volveu a Florencia e despois moveuse ata Roma, en 1429 viaxou a Xénova.

Residiu como convidado na corte do duque de Milán Filippo Maria Visconti en Pavia (1430-1433), completando alí os seus estudos.

Beccadelli e Afonso V de Aragón editar

 
Detalle de Afonso V de Aragón nun manuscrito

En 1434 trasladouse a Nápoles e fixo amizade con Giovanni Pontano quen o presentou na corte de Afonso V de Aragón en Nápoles, entrando ao seu servizo na corte, Beccadelli e Afonso comportían un grande amor pola cultura e mantiveron unha boa amizade, cando o duque de Milán fixo prisioneiro a Afonso, Beccadelli xogou un importante papel nas negociacións para o liberar. En Nápoles Beccadelli fundou a Academia Porticus Antonianus (1458). Despois da morte de Afonso serviu ao seu sucesor, Fernando I de Nápoles.

Hermaphroditus editar

A obra máis famosa de Beccadelli foi Hermaphroditus (1425), unha colección de oitenta e un epigramas latinos, que evoca o eroticismo dos traballos de Catulo e Marcial, así como tamén das Priapea. A obra acabou sendo condenada e censurada como obscena por apoloxistas cristiáns como Antonio da Rho

Outras obras editar

Escribiu Epistulae gallicae e Epistulae campanae, as dúas publicadas en 1474 e compilou De dictis et factis Alphonsi regis, panexíricos dedicados a Afonso V. Tamén escribiu a crónica Liber Rerum Gestarum Ferdinandi Regis (1438-1458).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar