Antoine Walker

baloncestista estadounidense

Antoine Devon Walker, nado o 12 de agosto de 1976 en Chicago, Illinois, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense. Foi seleccionado na Draft da NBA de 1996 no sexto posto polos Boston Celtics, xogando na National Basketball Association (NBA) desde 1996 até 2008. Walker xogou para os Celtics, Mavericks, Hawks, Heat, Timberwolves, Grizzlies, os Mets de Porto Rico e os Stampede da NBA D-League antes de retirarse do baloncesto en 2012. Walker, tres veces NBA All-Star, gañou o campionato da NCAA con Kentucky en 1996 e o anel de campión da NBA con Miami Heat en 2006.

Antoine Walker
Posición Ala-pivote
Dorsal 8, 88, 24
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Nacemento 12 de agosto de 1976 (47 anos)
Chicago, Illinois
Carreira
Universidade Kentucky
NBA Draft 1996 / Rolda: 1 / Elección: 6
Por Boston Celtics
Tempadas 1996–2012
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     15 647
Rebotes     6 891
Asistencias     3 170
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Xogou durante dúas tempadas na Universidade de Kentucky, e foi un factor clave para a consecución, por parte do seu equipo, do título da NCAA de 1996. Fixo 11,7 puntos e 6,5 rebotes por partido. Ao acabar o seu segundo ano, anunciou a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.

Profesional editar

Foi elixido polos Boston Celtics na sexta posición do draft de 1996, opción que conseguiron a través de Dallas Mavericks. Fíxose rapidamente co posto de titular, e acabou a súa primeira campaña anotando 17,5 puntos e capturando 9 rebotes por partido, o que fixo que fose incluído no mellor quinteto de rookies do ano. Durante as súas sete tempadas no equipo de Massachusetts roldou (ou superou) sempre os 20 puntos e 10 rebotes por partido, o que fixo que fose elixido en tres ocasións para disputar o Partido das Estrelas, incluída unha como titular, votado polo público.

Pouco antes de iniciarse a tempada 2003-2004, foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde o seu rendemento baixou notablemente, sendo traspasado ao ano seguinte a Atlanta Hawks, onde só estivo media tempada, volvendo de novo a Boston. En 2005 viuse incluído no maior traspaso de xogadores da historia da NBA que involucrou a 5 equipos e a 12 xogadores, indo parar a Miami Heat. En Florida perdeu a titularidade, xogando menos minutos, pero a cambio conseguiu o seu até agora único anel de campión en 2006, contribuíndo con 14 puntos e 11 rebotes no partido decisivo.

En outubro de 2007 foi traspasado a Minnesota Timberwolves xunto con Michael Doleac, Wayne Simien e unha primeira rolda de draft por Ricky Davis e Mark Blount. O 27 de xuño de 2008 foi traspasado a Memphis Grizzlies xunto con Marko Jarić, Greg Buckner e os dereitos de O. J. Mayo por Mike Miller, Brian Cardinal, Jason Collins e os dereitos de Kevin Love. O 19 de decembro de 2008 foi despedido e dende 2010 xoga nos Guaynabo Mets de Porto Rico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar