Anthony Kiedis

cantante estadounidense

Anthony Kiedis, nado en Grand Rapids (Míchigan) o 1 de novembro de 1962, é un cantante estadounidense, voz da banda de funk rock Red Hot Chili Peppers.

Infotaula de personaAnthony Kiedis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Grand Rapids, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAntwan the Swan Editar o valor em Wikidata
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Fairfax High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor , autobiógrafo , cantautor , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, funk rock (pt) Traducir, rap e Rock alternativo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoWarner Music Group
EMI Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEverly Kiedis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiBlackie Dammett (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webredhotchilipeppers.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0452347 Rottentomatoes: celebrity/anthony_kiedis TV.com: people/anthony-kiedis
Musicbrainz: 8df62446-21d3-4449-8901-9e2914362639 Songkick: 2434561 Discogs: 136870 Allmusic: mn0000582721 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É fillo de John Kiedis e Margaret "Peggy" Noble, que se divorciaron en 1968 cando Anthony tiña 6 anos. Estudou na Fairfax High School e participou en numerosas bandas que nunca foron consideradas como tal. Non foi ata principios do ano 1982 cando se xuntou con 3 compañeiros e fundou o grupo chamado, por aquel entón, 'Tony Flow & The Miraculously Majestic Masters of Mayhem'. Estes compañeiros eran: Michael Balzary (coñecido coma "Flea") que tocaba o baixo, quen aínda pertence ao grupo; o batería Jack Irons e Hillel Slovak, falecido o 27 de xuño de 1988 por unha sobredosis de heroína. En 1983 cambiaron o nome ao actual. A súa profesora de inglés, Mrs. Vernon, animoulle a escribir poesía, facendo algunhas das cales se converterían anos máis tarde en cancións coma Under the Bridge (1991), onde fala da súa época onde estivo perdido nas drogas e viviu ata debaixo dunha ponte.

O seu estilo de cantar foi cambiando drasticamente segundo pasaban os anos. Aprendeu a controlar a súa voz álbum tras álbum. Comezou rapeando, estilo que podía facer a velocidades extremas mantendo un ritmo consistente. A partir de "Mother's Milk" (cuarto disco da banda, sacado á venda en 1989), Anthony escribiu cancións con letras máis melódicas, cun estilo máis funk. Co paso dos anos, Kiedis preferiu o canto antes que o rapeo. Moitos críticos están de acordo en opinar que a súa voz mellorou moito e que quizais a súa máxima expresión a tomase no último álbum dos Red Hot Chili Peppers, Stadium Arcadium (2006).

O 2 de outubro do 2007, tivo o seu fillo primoxénito coa modelo de 21 anos, Heather Christie, bautizado co nome de Everly Bear Kiedis. Recentemente, separouse de Heather Christie.

Kiedis gañou o posto número 1 á celebridade vexetariana máis sexy do mundo en 2008, xunto a Leona Lewis.

En verán dese mesmo ano, Kiedis foi ingresado no hospital dos Ánxeles por un problema nun ril. Os médicos planteáronse transplantarlle o ril, mais non o fixeron. O seu representante indicou que Kiedis estaba mellorando.