Anthonie Cornelis Oudemans
Anthonie (Antoon) Cornelis Oudemans, nado o 12 de novembro de 1858 en Batavia e finado do 14 de xaneiro de 1943 en Arnhem, foi un zoólogo neerlandés.
Anthonie Cornelis Oudemans | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1858 |
Lugar de nacemento | Iacarta |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1943 |
Lugar de falecemento | Arnhem |
Nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Alma máter | Universidade de Utrecht |
Ocupación | entomólogo e zoólogo |
Premios | Officer of the order Orange-Nassau |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Era fillo do astrónomo neerlandés Jean Abraham Chrétien Oudemans e neto do filólogo Anthonie Cornelis Oudemans, polo que recibiu o seu nome. A súa tese de doutoramente foi sobre os platihelmintos. En 1885 nomeárono director dos xardíns zoolóxicos da Haia, descrubriu varios insectos e unha especie de primate, o Lophocebus aterrimus. En 1892 publicou The Great Sea Serpent, un estudo dos informes de avistamento de serpes mariñas nos océanos do mundo, e concluíu que tales criaturas debía ser un membro descoñecido dos pinnípedes que el chamou Megophias megophias. Bernard Heuvelmans referiuse a este libro como o comezo da criptozooloxía.
En 1895 deixou A Haia para ensinar bioloxía en Snits. Publicou múltiples artigos científicos, e en 1917 un sobre o extinto dodo, Dodo-studiën: naar aanleiding van de vondst van een gevelsteen met dodo-beeld van 1561 te Vere. En 1942 doou ao Rijksmuseum van Natuurlijke Historie a súa importante colección de ácaros que consistía en 5.981 exemplares de 1.316 especies.[1].