António Óscar de Fragoso Carmona

António Óscar de Fragoso Carmona, nado en Lisboa o 24 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 18 de abril de 1951, foi un político e militar português, décimo primeiro Presidente da República Portuguesa (primeiro do Estado Novo).

António Óscar de Fragoso Carmona
Nacemento24 de novembro de 1869
Lugar de nacementoLisboa
Falecemento18 de abril de 1951
Lugar de falecementoLisboa
NacionalidadePortugal e Reino de Portugal
Relixióncatolicismo
Alma máterAcademia Militar
Ocupaciónpolítico, militar, escritor e revolucionario
CónxuxeMaria do Carmo Ferreira da Silva Carmona
PremiosOrde da Aguia Branca, Grã-Cruz da Ordem Militar de Avis, Gran Cruz da Orde da Torre e a Espada, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Comendador da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, Comendador da Ordem Militar de Cristo, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes e Comendador da Ordem Militar de Avis
Na rede
WikiTree: Fragoso_Carmona-1 Find a Grave: 13107862 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era fillo e neto de militares. Estudou no Colexio Militar de Lisboa entre 1882 e 1888 e na Escola do Exército entre 1889 e 1892, saíndo como oficial de Cabalería. Era republicano e masón.

O 15 de outubro de 1910 foi nomeado membro da Comisión de Reestruturación do Exército polo goberno revolucionario republicano. Foi instrutor da Escola Central de Oficiais (1913-1914), director da Escola Práctica de Cabalería de Torres Novas (1918-1922) e Comandante da IVª División situada en Évora (1922-1925). Foi ministro de Guerra entre o 15 de novembro e o 18 de decembro de 1923, no goberno de Ginestal Machado.

Tralo golpe militar do 28 de maio de 1926, o 3 de xuño foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores. O 9 de xullo, trala caída do xeneral Gomes da Costa, foi nomeado ministro de guerra. O 26 de novembro de 1926 foi nomeado por decreto Presidente da República. Aínda no marco da ditadura militar, deu inicio ao período da Ditadura Nacional, sendo elixido de novo en 1928. Trala aprobación da Constitución de 1933, foi reelixido en 1935, 1942 e 1949.

Se ben acadara o posto de xeneral do exército en 1922, en 1947 concedéuselle o título honorífico de mariscal.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar