Anne Sullivan

mestra estadounidense

Johanna Mansfield Sullivan Macy, nada en Feeding Hills (Massachusetts) o 14 de abril de 1866 e finada en Forest Hills, Nova York, o 20 de outubro de 1936, coñecida como Anne Sullivan, foi unha mestra estadounidense, célebre por ser a instrutora e acompañante de Helen Keller.[1]

Infotaula de personaAnne Sullivan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ann Sullivan Macy Editar o valor em Wikidata
4 de abril de 1866 Editar o valor em Wikidata
Feeding Hills, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Forest Hills, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral Nacional de Washington (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónPerkins School for the Blind (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
AlumnosHelen Keller Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
5 de abril de 19131913 New York City Flower Show (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Sullivan-5732 Find a Grave: 659 Editar o valor em Wikidata

Aos cinco anos, Sullivan contraeu tracoma, enfermidade da vista, que a deixou semicega e sen habilidades para ler ou escribir.[2] Recibiu educación como estudante na Escola Perkins para cegos, onde se graduou, e converteuse en mestra de Keller aos vinte anos.[2]

Traxectoria editar

Anne Sullivan naceu nunha familia pobre en Feeding Hills, no estado de Massachusetts. Segundo o seu certificado de bautismo, o seu nome era Johanna Mansfield Sullivan, mais chamárona Anne ou Annie dende o seu nacemento.[3] Os seus pais eran Thomas Sullivan e Alice Cloesy, que chegaran aos Estados Unidos dende Irlanda, como consecuencia da gran fame irlandesa.[2] Sullivan tivo dous irmáns máis novos, Mary e Jimmie. Anne Sullivan contraeu aos cinco anos unha doenza chamada tracoma,[4] que deteriorou progresivamente a súa vista.[2]

A nai de Sullivan padecía de tuberculose e faleceu cando Anne tiña oito anos.[4] O seu pai abandonou os nenos dous anos despois por medo a non ser quen de crialos el só.[2] Anne e o seu irmán máis novo, James (Jimmie), foron enviados ao sobrepoboado hospicio de Tewksbury, Massachusetts e a súa irmán Mary marchou cunha tía. Jimmie tiña un problema na cadeira e morreu de tuberculose catro meses despois da súa chegada. Anne permaneceu no hospicio trala morte de Jimmie e someteuse a dúas operacións na vista sen éxito.

Despois dun tempo, os parentes non podían continuar co coidado dos nenos, e Anne non podía atender o seu pai porque era incapaz de escribir, ler ou coser, así que os enviou a un hospicio para nenos pobres do condado en Tewksbury. Alí faleceu Jimmie logo de dous ou tres meses afectado por unha tuberculose de cadeira.[5]

Anne comezou a estudar na escola Perkins para cegos o 7 de outubro de 1880.[2] Alí conectou con varios profesores e fixo progresos na súa aprendizaxe.[2] Mentres estaba alí, fíxose amiga de Laura Bridgman, graduada de Perkins e primeira persoa xorda e cega educada alí. Dela aprendeu o alfabeto manual. Nesta época tamén tivo varias operacións que melloraron significativamente a súa visión.[3] En xuño de 1886 graduouse con honores aos vinte anos.

Helen Keller editar

 
Sullivan e Hellen Keller.

O verán seguinte da graduación de Sullivan, o director da escola Perkins, Michael Anagnos, recibiu un aviso de Arthur Keller, que buscaba unha mestra para a súa filla cega e xorda de sete anos Helen.[2] Anagnos inmediatamente recomendou a Sullivan para o posto, e comezou a traballar o 3 de marzo de 1887 na casa dos Keller en Tuscumbia, Alabama.[2] Grazas a Sullivan, Helen puido comezar a entender a súa contorna. Sullivan facía que Helen tocase as cousas e entón deletreaba o que era o obxecto na man de Helen. Así, Helen aprendeu a ler. Para que aprendese a ler, Sullivan conseguiulle un taboleiro especialmente deseñado, con canais de modo que un lapis puidese formar letras. Para ensinarlle a falar, Sullivan puña a man de Helen na súa gorxa para que puidese sentir as vibracións creadas ao pasaren os son pola gorxa. Sullivan facía que Helen tratase de formar esas mesmas vibracións.

O seu discurso, non obstante, continuaba a ser confuso. Non foi ata anos despois que coa axuda da técnica dun profesor de voz e o apoio de Sullivan, Helen puido finalmente falar claramente. Keller foi á Universidade Radcliffe, graduándose con honores e publicou o seu primeiro libro en 1902, The Story of My Life.

Sullivan e Keller viaxaron a Hollywood para filmar un filme baseado nas súas vidas, basicamente por interese económico. O filme, titulado Deliverance, foi un fracaso, mais isto non as desalentou para tratar de gañar a súa vida en espectáculos públicos de vodevil.

Morte editar

Sullivan tivo problemas na vista case toda a súa vida, mais en 1935 quedou completamente cega nos dous ollos. O 15 de outubro de 1936, sufriu unha trombose coronaria, caeu en coma e faleceu cinco días despois[6] con setenta anos en Forest Hills, Nova York, con Keller agarrando a súa man.[7] Sullivan foi incinerada e as súas cinzas foron enterradas nun memorial na Catedral Nacional de Washington.[8] Foi a primeira muller recoñecida deste xeito polos seus méritos. Cando Keller morreu en 1968 as súas cinzas foron colocadas xunto as de Sullivan.

Vida persoal editar

O 3 de maio de 1905, Sullivan casou co instrutor da Universidade Harvard e crítico literario John Albert Macy (1877–1932), que axudara a Keller coas súas publicacións.[9] El mudouse con elas e viviron xuntos. Porén, cos anos o matrimonio comezou a desintegrarse. Separáronse en 1914, aínda que no censo de 1920, Macy aparece como inquilino delas.[10] Nunca se divorciaron oficialmente e segundo pasaron os anos, parece que el foi desaparecendo da súa vida. Sullivan nunca volveu casar.

Notas editar

  1. Herrmann, páx. 35
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 McGinnity, Seymour-Ford, & Andries, 2014
  3. 3,0 3,1 "Anne Sullivan profile at www.afb.org". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 02 de abril de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Herrmann, páx. 28.
  5. Herrmann, páx. 30
  6. Nielsen, páx. 266
  7. Herrmann, páx. 255.
  8. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3rd ed.: 2 (Kindle Locations 24972–24974). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle edition.
  9. Lash, 1980
  10. No censo de 1920, Keller tiña 38 anos e aparece como dona da súa casa en Queens, Nova York. Sullivan, con 52 anos, aparece residindo con ela como mestra privada. John, de 44 anos, aparece como "inquilino" con ocupación de escritor.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar