Ankhiyon ke jharokhon se

filme de 1978 dirixido por Tarachand Barjatya

Ankhiyon ke jharokhon se (अँखियों के झरोखे से) é un filme indio en lingua hindi de 1978 dirixido por Hiren Nag e coprotagonizado por Sachin e Ranjeeta Kaur. Ravindra Jain compuxo a banda sonora, as cancións foron moi populares, especialmente a de mesmo título que o filme. En 2011 realizouse unha secuela de nome Jaana Pehchana.

Sinopse editar

Trata da historia de Arun, fillo dun avogado, que queda segundo nun importante exame detrás de Lily, unha modesta e sinxela filla dunha enfermeira, e Arun ferido no seu orgullo decide facerlle a vida imposible no instituto pero Lily non llo toma a mal e co tempo comenzan a xurdir algo entre eles, mais algo inesperado acontecerá que porá o seu amor en perigo.