Animals é o décimo álbum de estudio da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, editado o 23 de xaneiro de 1977. Trátase dun álbum conceptual que ofrece unha crítica mordaz das condicións socio-políticas do Reino Unido dos anos 70, e presenta un marcado cambio no seu estilo musical con respecto ao seu anterior traballo. Animals foi gravado no estudio do grupo, Britannia Row, pero a súa produción foi interrompida tras os primeiros síntomas de discordia que anos máis tarde rematarían coa saída do teclista Richard Wright do grupo. A imaxe da portada, un porco flotando entre dúas chemineas da central termoeléctrica de Battersea, foi concibida polo baixista Roger Waters, e fotografiada polos seus colaboradores Hipgnosis.

Animals
Álbum de Pink Floyd
Publicado23 de xaneiro de 1977
Gravaciónabril - decembro de 1977
Estudio(s)Britannia Row Studios
Duración41:41
Xénero(s)rock progresivo
Selo(s)Harvest/EMI
Producido porPink Floyd
Cronoloxía
Wish You Were Here Animals The Wall

O álbum foi publicado con boas críticas no Reino Unido, onde acadou o número 2 das listas. Tamén foi un éxito nos Estados Unidos, sendo número 3 na Billboard 200, e aínda que só estivo nas listas do país durante 6 meses, as súas vendas continuas levaron á súa certificación por parte da RIAA de catro discos de platino.

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Roger Waters. 

Cara 1
N.º TítuloMúsicaVoz principal Duración
1. "Pigs on the Wing (Part I)"  WatersWaters 1:25
2. "Dogs"  Gilmour, WatersGilmour, Waters 17:03
Cara 2
N.º TítuloMúsicaVoz principal Duración
1. "Pigs (Three Different Ones)"  WatersWaters 11:25
2. "Sheep"  WatersWaters 10:25
3. "Pigs on the Wing (Part II)"  WatersWaters 1:23