Anhima cornuta é unha especie de ave anseriforme da familia dos anímidos, a única incluída no xénero Anhima.

Anhima cornuta

Tres espécimes no Parque Nacional do Manu, Perú
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anhimidae
Xénero: Anhima
Brisson, 1760
Especie: A. cornuta
Nome binomial
Anhima cornuta
(Linnaeus, 1766)
Área de distribución de Anhima cornuta
Área de distribución de Anhima cornuta

Área de distribución de Anhima cornuta

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1760 polo Mathurin Jacques Brisson.[2][3]

Especie editar

A especie descibiuna Linneo en 1766 baixo o nome de Palamedea cornuta.[2][4]

Sinónimos editar

  • Do xénero:[2]
    • Palamadea Bechstein, 1791
    • Palamedea Linnaeus, 1766
    • Palamedes Billberg, 1828
    • Palamedia' Fleming, 1822

Notas taxonómicas editar

Esta especie xa era coñecida no século XVII,[5] e foi descrita en 1766 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na duodécima edición do seu Systema Naturae, co nome binomial Palamedea cornuta.[6]

A especie é hoxe a única situada no xénero Anhima, que foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[7][8]

O epíteto específico cornuta é a palabra latina para "cornudo".[9]

O naturalista alemán Georg Marcgrave utilizara o nome latino Anhima en 1648 para esta especie na súa Historia naturalis Brasiliae.[10]

Hábitat e distribución editar

Hábitat editar

Vive ao bordo da auga nas selvas de América Central e do Sur.

Distribución editar

Propia de Suramérica, amplamente estendida, as súas poboacións ocupan boa parte de Colombia, Venezuela, Brasil, Ecuador, Perú, as Güianas e Bolivia. Probabelmente extinguida en Trinidad e Tobago.[1]

A pesar de ter diminuído localmente, segue estendida e é bastante común en xeral. A súa área de dispersión no Brasil parece que se expandiu nos últimos anos.[11]

Características editar

Anhima cornuta é unha ave moi grande, de 84 a 95 cm de lonxitude e 3,5 kg de masa corporal, cun pequeno pico parecido ao dunha galiña. As partes superiores, a cabeza e o peito son de cor negra, con manchas brancas na crista, na gorxa e nas ás coberteiras. Hai unha longa estrutura espiñenta que se proxecta cara a adiante desde a crista. Esta estrutura é única entre as aves e non deriva dunha pluma senón que é unha estrutura cornificada que está lixeiramente unida ao cranio e que crece continuamente mentres se rompe a miúdo na súa punta.[12] Isto dálle o seu nome a esta especie. Ten as patas moi longas e tres dedos grandes en cada unha. O ventre e as coberteiras debaixo das ás son brancas. Ten dous esporóns afiados nas súas ás, e os pés só están parcialmente palmados.

Comportamento editar

Adoitan andar en parellas ou pequenos grupos familiares. Constrúe niños flotantes nos esteiros e descansa sobre árbores altas. Pasa a maior parte do tempo pastando sobre a vexetación flotante ou descansando sobre a copa das árbores, desde onde emite sons guturais que lle serven para demarcar o seu territorio.

Tenden a agruparse, pero son na súa maior parte semisociais, e son bastante sedentarios.

Alimentación editar

Como ave herbívora representa, xunto coas aves fruxívoras, granívoras e nectarívoras, o nivel dos consumidores primarios da cadea trófica nas chairas colombovenezolanas. Aliméntase de diferentes partes das plantas: brotes, follas tenras, raíces, flores e froitos.

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación pode ser de moderadamente pequeno a grande, pero non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016): Anhima cornuta na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 20 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Anhima Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 20 de o 20 de outubro de 2022.
  3. Anhima Brisson, 1760 na BioLib. Consultada o 20 de o 20 de outubro de 2022.
  4. Anhima cornuta (Linnaeus, 1766) na BioLib.
  5. Grew, Nehemiah (1681): Rarities belonging to the Royal Society, p. 65.
  6. Linnaeus, Carl (1766): Systema naturae per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Vol. 1 (12ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 232.
  7. Brisson, Mathurin Jacques (1760): Ornithologie, ou, Méthode Contenant la Division des Oiseaux en Ordres, Sections, Genres, Especes & leurs Variétés (en francés e latín). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Vol. 1, p. 48, Vol. 5, p. 518.
  8. Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List Version 9.1. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union.
  9. Jobling, J. A.; del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. (2019): "Key to Scientific Names in Ornithology". En Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
  10. Marcgrave, Georg (1648): Historia naturalis Brasiliae. Vol. Liber Quintus: Qui agit de Avibus. Lugdun et Batavorum (Londres e Leiden): Franciscum Hackium and Elzevirium, p. 215.
  11. Piland, N. (2020): Horned Screamer (Anhima cornuta), version 1.0. In Birds of the World (T. S. Schulenberg, Editor). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.
  12. Stettenheim, Peter R. (2000): "The Integumentary Morphology of Modern Birds—An Overview". American Zoologist 40 (4): 461–477.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar