Angada é unha figura da mitoloxía hindú que se describe na epopea Rāmāyaṇa como un vanara, a xeito de home mono, que axudou a Rama na procura da súa muller Sita e na loita con Ravana, o seu raptor.

Angada con Ravana

Traxectoria editar

Angada era fillo de Vali e Tara e sobriño de Sugriva. El mais Tara foron fundamentais na reconciliación de Rama co seu irmán, Lakshmana e xuntos convenceron a Sugriva para que se unise a eles para rescatar a Sita e formar un grande exército de monos para se enfrontar a Ravana. Aínda así Rama quere chegar a unha solución pacífica e envioulle a Angada como mensaxeiro antes de celebrar a batalla, na corte de Ravana Angada fai todo o que pode por convencelo para que libere a Sita pero Ravana amósase firme preferindo entrar en batalla antes que retornala. Vendo que non era posible o acordo, Angada púxose en pé no medio da asemblea afirmando que se eran capaces de mover o seu pé Rama marcharía e renunciaría a Sita, tras moito intentalo ninguén foi quen de movelo e cando ía intentalo Ravana, Angada díxolle que non se podía salvar por coller os seus pés e que debería caer os pés de Rama, conseguindo así avergonzar e quitar o orgullo a Ravana.