Ang Lee

directo de cine taiwanés

Ang Lee (en chinés: 李安; en Pinyin: Lǐ Ān), nado en Chaochou (Pingtung) o 23 de outubro de 1954 é un director de cine taiwanés. A maior parte dos seus filmes analizan as interaccións entre a modernidade e as tradicións. Polos seus traballos foi premiado, entre outros, con dous Oscar á mellor dirección por Brokeback Mountain e Life of Pi, o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa por Wò hǔ cáng lóng, con dous Osos de Ouro por Xǐyàn e Sense and Sensibility e con dous Leóns de Ouro ao Mellor Filme por Brokeback Mountain e Sè, Jiè.

Infotaula de personaAng Lee

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Ang Lee
(zh) 李安 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Chaozhou, Taiwán (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWhite Plains (pt) Traducir
Nova York Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeTaiwán Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir
National Taiwan University of Arts (en) Traducir
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
University of Illinois College of Fine and Applied Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , escritor , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJane Lin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMason Lee, Haan Lee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLee Sheng (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsGang Lee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0000487 Allocine: 16585 Rottentomatoes: celebrity/ang_lee Allmovie: p166472 TCM: 110811
Musicbrainz: d5d8a662-4da1-4750-ab1a-e436ee324dde Discogs: 1906122 WikiTree: Lee-47567 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de diplomarse en 1975 na National Taiwan College of Arts, Lee decide marchar aos Estados Unidos en 1978. Consegue diplomarse en teatro na Universidade de Illinois e inscríbese na de Nova York, onde estuda produción cinematográfica. En 1983 casa con Jane Lin coa que tivo dous fillos. Aínda seguen casados.

O primeiro filme de éxito foi Tuī shǒu (Pushing Hands), que narra as vivencias dun ex-mestre de Tai chi que vai vivir a Nova York coa familia do fillo. O filme gaña o Oso de Ouro no Festival de Berlín en 1992. No seguinte ano volverá triunfar no mesmo festival coa obra Xǐyàn (The Wedding Banquet). Estas dúas obras, xunto coa seguinte Yǐn Shí Nán Nǚ (Eat Drink Man Woman), que obtén un nomeamento aos Oscar, constitúen unha triloxía denominada "Father knows best".

En 1995 dirixe a adaptación cinematográfica de Sense and Sensibility, do libro de Jane Austen. O filme consegue sete nomeamentos aos Oscar, un Globo de Ouro como Mellor Filme e, novamente, o Oso de Ouro en Berlín.

O seguinte traballo é a dramática The Ice Storm, sobre a insatisfacción de dúas familias americanas no momento do escándalo do Watergate, ao que segue Cabalga co demo, dedicado ás vivencias durante a guerra de secesión americana.

En 2000 dirixe Wò hǔ cáng lóng, un wuxia, isto é un filme de artes marciais, visionario, ambientado na China do século XIX. O filme acada un éxito notable de público e crítica, e convértese no filme de lingua non inglesa con maiores ingresos da historia do cinema. Gran parte deste éxito é debido ás coreografías acrobáticas do mestre Yuen Wo Ping (tamén autor do combate de Matrix). O filme gaña o Oscar e o Golden Globe como Mellor Filme en lingua non inglesa.

A súa seguinte produción é Hulk, que non consegue o éxito esperado. En 2005 torna o éxito coa obra Brokeback Mountain, unha longametraxe romántica dedicada ao amor homosexual de dous cowboys. O filme vence o León de Ouro ao Mellor Filme no Festival de Cine de Venecia e moitos outros premios, como tres Oscar e catro Globos de Ouro en 2006. En 2007 volve gañar o León de Ouro polo Mellor Filme con Sè, Jiè (Lust, Caution).

Filmes editar

Director editar

Guionista editar

Actor editar

Editor editar

Produtor editar

Premios editar