Angélica Arce

diplomática mexicana

María Angélica Arce Moura, nada en Cidade de México o 27 de decembro de 1957, é unha diplomática mexicana. Desde 2017 traballa como embaixadora do Servizo Exterior Mexicano na representación ante o Reino de Marrocos e, ao mesmo tempo, como embaixadora recorrente ante Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Malí e o Senegal.[1] Ten traxectoria diplomática desde hai máis de 35 anos en diferentes dependencias federais mexicanas e organismos Internacionais vinculados a Nacións Unidas.

Infotaula de personaAngélica Arce

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Autónoma de México Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na Cidade de México o 27 de decembro de 1957. Estudou na Universidade Nacional Autónoma de México a Licenciatura de Relacións Internacionais na entón ENEP Aragón de 1976 a 1979. Anos máis tarde, cursou a mestría da mesma carreira en Cidade Universitaria (1989-1991).[2]

Ingresou no Servizo Exterior Mexicano en xaneiro de 1981 onde realizou un curso no Instituto Matías Romeu sobre Estudos Diplomáticos.

Comezou a súa carreira profesional colaborando no  Departamento para Países Andinos e Departamento para América Central, ambos os corpos pertencentes á Dirección Xeral para América Latina e o Caribe do SEM no ano 1981.

Ao ano seguinte pasou a ser parte da Misión Permanente de México ante a ONU e outros Organismos Internacionais con sede en Xenebra, Suíza de 1982 a 1987. Grazas á súa experiencia co sistema de Nacións Unidas, traballou como Xefe do Departamento para Asuntos de Desarmamento, na Dirección Xeral de Nacións Unidas entre os anos 1987 e 1988.

Subsecuentemente traballou como Subdirectora para Canadá, na Dirección Xeral para América do Norte de 1988 a 1990 e ó ano seguinte formou parte do Corpo Diplomático da Embaixada de México en Suecia até o ano 1992.

No mesmo ano, meses máis tarde, regresou a México para traballar como Directora de Organismos Internacionais na Dirección Xeral para o Sistema das Nacións Unidas ata que en 1996 pasou a ser Ministra na Misión Permanente de México ante as Nacións Unidas con sede en Nova York, EUA, cargo que ocupou até o 2001. De 2002 a 2003 foi membro e Coordinadora Política da Delegación mexicana ante o Consello de Seguridade durante o período que a Delegación mexicana foi elixida como membro non permanente. Un ano máis tarde, traballou como embaixadora de México en Nova Zelandia, concorrente con Illas Marshall e Tonga de 2004 a 2009.[3] En 2010 foi designada para Delegada Federal da Secretaría de Relacións Exteriores no Estado de Morelos. O mesmo ano foi elixida como Presidenta da Comisión de Persoal do Servizo Exterior Mexicano até o ano 2013 cando volveu traballar como Delegada Federal da Secretaría de Relacións Exteriores no Estado de Morelos terminando a súa xestión en xuño de 2017.  Desde abril de 2017 foi ratificada como Embaixadora de México ante o Reino de Marrocos e concorrente ante Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Malí e o Senegal.[4]

Notas editar

  1. "Noticias del Congreso - Analiza Senado ratificación de personal diplomático" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  2. López Rojas, Luis Manuel (outubro de 2008). "Relaciones Internacionales Nuestros Egresados" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  3. República, Senado de la. "Senado de la República" (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2018. 
  4. "Dictamen Secretaría de Gobernación" (PDF).