Andre Drummond

baloncestista estadounidense

Andre Jamal Drummond, nado o 10 de agosto de 1993 en Mount Vernon, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Drummond foi un dos xogadores de instituto mellor valorados da promoción de 2011, posteriormente acudiu á Universidade de Connecticut. Tras un ano se presentou ao Draft da NBA, onde foi seleccionado polos Pistons. Cunha altura de 2,11 m, xoga na posición de pivote.

Andre Drummond
Chicago Bulls – No. 3
Posición Pivote
Información persoal
Nacemento 10 de agosto de 1993 (30 anos)
Nova York Mount Vernon, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 127 kg (279 lb)
Información da carreira
Instituto St. Thomas More
(Oakdale, Connecticut)
Universidade UConn (2011−2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Detroit Pistons
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Detroit Pistons (2012−2020)
Cleveland Cavaliers (2020−2021)
Los Angeles Lakers (2021)
Philadelphia 76ers (2021−2022)
Brooklyn Nets (2022)
Chicago Bulls (2022−presente)

Traxectoria editar

Instituto editar

Nado en Mount Vernon, Nova York, de pais xamaicanos, Drummond comezou a súa carreira no Instituto Capital Preparatory Magnet en Hartford, Connecticut. Co equipo do centro, os Capital Prep Trailblazers, durante o seu primeiro ano fixo unha media de 12,7 puntos, 11,9 rebotes e 6,5 tapóns por partido. Mellorou eses números no segundo ano, facendo 20,2 puntos, 16,6 rebotes, 7,2 tapóns e 4,5 roubos de balón por partido. Tras dous grandes anos no Magnet School, trasladouse ao Instituto St. Thomas More en Oakdale, tamén en Connecticut. Alí converteuse nun dos pivotes máis dominantes do baloncesto de instituto,[1] de feito foi considerado pola ESPN como mellor xogador de instituto dos Estados Unidos. Pasou dous anos en St. Thomas More, liderando ao equipo na súa segunda temporada a conseguir o Campionato Nacional e sendo nomeado MVP da Final ao anotar 19 puntos. Graduouse na primavera dese mesmo ano. No verán de 2010, Drummond formou parte da selección dos Estados Unidos que gañou a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA sub-17 de 2010.[2]

Universidade editar

Drummond inicialmente declarou a súa intención de pasar un ano posgraduado na Wilbraham & Monson Academy en 2011−12.[3] Dúas semanas máis tarde mudou de opinión, anunciando vía Twitter a súa intención de ir á Universidade de Connecticut, onde estaría ás ordes do membro do Basketball Hall of Fame Jim Calhoun.[4] Outras universidades que amosaron interese en recrutar a Drummond foron Kentucky, Louisville, Georgetown e Virxinia Occidental. Durante a temporada que permaneceu na universidade (2011−12) fixo unha media de 10,0 puntos, 7,6 rebotes e 2,7 tapóns nos 34 partidos de temporada regular. Os UConn Huskies acabaron a temporada regular na novena posición da South Region clasificándose para o torneo final da NCAA onde caeron en primeira ronla fronte a Iowa State University por 77-64.

NBA editar

O 28 de xuño de 2012, Drummond foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Detroit Pistons. Ao acabar a súa primeira tempada na Universidade de Connecticut decidiu declararse elixíbel para o draft da NBA. As previsións situábano entre as primeiras 10 eleccións da primeira rolda, sendo un dos xogadores interiores máis importantes da súa xeración. Foi convidado pola NBA á Sala Verde coas outras previsibeis 14 primeiras eleccións. Finalmente, Drummond foi elixido na novena posición polos Detroit Pistons. Na súa primeira tempada, Drummond converteuse rapidamente nun dos xogadores máis efectivos dos de Detroit, facendo unha media de 7,9 puntos, 7,6 rebotes, 1 roubo e 1,6 tapóns en só 20,7 minutos por partido. Os dous anos seguintes continuou aumentando a súa contribución ao equipo, de feito na temporada 2014−15 conseguiu achegar 13,8 puntos, 13,5 rebotes e 1,9 tapóns por partido.

Na temporada 2015−16 Drummond consegui facer tres dobres-dobres nos teres primeiros partidos da temporada, axudando a conseguir un inicio de 3 vitorias por 0 derrotas que non conseguían desde a temporada 2008−09. De feito, foi o primeiro xogador dos Piston en conseguir tres dobres-dobres consecutivos no inicio da liga desde Ben Wallace en 2004. En consecuencia, foi nomeado como Xogador da Semana da Conferencia Leste, converténdose no primeiro xogador dos Piston en conseguilo desde Rodney Stuckey en decembro de 2009. O tres de novembro conseguiu 25 puntos e bateu o seu récord de rebotes nun partido con 29 nun partido ante os Indiana Pacers, sendo o primeiro Piston en conseguir un 20/20 desde 1985. O 8 de novembro volve a conseguilo facendo 29 puntos e 27 rebotes antes os Portland Trail Blazers. É, por tanto, o único xogador da historia xunto con Kareem Abdul-Jabbar e Wilt Chamberlain en conseguir tres partidos de 20/20 nos seis primeiros partidos da competición. Así, neses seis partidos fixo unha media de 20,3 puntos e 20,3 rebotes por partido, no que supón o mellor inicio de anotación e reboteo da hsitoria da NBA desde Wilt Chamberlain en 1970.

O 6 de febreiro de 2020, Drummond foi traspasado ós Cleveland Cavaliers a cambio de John Henson, Brandon Knight e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[5] O 26 de marzo de 2021, Drummond foi cortado polos Cavaliers.[6]

O 28 de marzo de 2021, Drummond asinou cos Los Angeles Lakers.[7]

O 4 de agosto de 2021, Drummond asinou cos Philadelphia 76ers.[8]

O 10 de febreiro de 2022, Drummond foi traspasado xunto a Ben Simmons, Seth Curry e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós Brooklyn Nets, a cambio de James Harden e Paul Millsap.[9]

O 6 de xullo de 2022, Drummond asinou un contrato de dous anos cos Chicago Bulls.[10]

Notas editar

  1. Biancardi, Paul; Finkelstein, Adam (26 de agosto de 2011). "Andre Drummond to UConn surprises". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 03 de xullo de 2012. 
  2. "USA Men's U17 Team Runs Away With Gold, Destroys Poland 111-80". Basketball.TeamUSA.org. 11 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 21 de xaneiro de 2011. 
  3. "Despite The Class, Andre Drummond Will Still Be The Best Center". CollegiateHoops.net. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de xaneiro de 2011. 
  4. Amore, Dom (26 de agosto de 2011). "Drummond Heading to UConn". The Hartford Courant (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2011. 
  5. "Detroit Pistons Acquire Brandon Knight, John Henson And Future Second Round Pick". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  6. "Cavaliers Reach Buyout Agreement with Andre Drummond". NBA.com. 26 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  7. "Lakers Sign Andre Drummond". NBA.com. 28 de marzo de 2021. 
  8. "76ers Sign Two-Time All-Star Andre Drummond". NBA.com. 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  9. "Brooklyn Nets Acquire Ben Simmons, Seth Curry, Andre Drummond and Two First Round Draft Picks from Phildelphia". NBA. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  10. "Bulls Sign Drummond and Jones Jr.". NBA.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar