Andre Agassi

tenista profesional estadounidense

Andre Kirk Agassi, nado en Las Vegas (Nevada) o 29 de abril de 1970, é un xogador de tenis estadounidense xa retirado que gañou máis de 25 millóns de dólares en premios e foi número 1 na clasificación mundial.

Andre Agassi
Nome completoAndre Kirk Agassi
Nacemento29 de abril de 1970
Lugar de nacementoLas Vegas
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAmerican School of Correspondence
Ocupacióntenista, autobiógrafo e empresario
PaiEmmanuel Agassi
NaiElizabeth Agassi
CónxuxeBrooke Shields e Steffi Graf
FillosJaz Elle Agassi e Jaden Gil Agassi
PremiosInternational Tennis Hall of Fame, L'Équipe Champion of Champions e British Sports Book Awards
Na rede
IMDB: nm1152468 Facebook: AgassiAndre Twitter: AndreAgassi Discogs: 43036 Olympic.org: andre-agassi WikiTree: Agassi-11 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Os comezos editar

Agassi é descendente de armenios, aínda que naceu e creceu nas Vegas, Estados Unidos, onde vive. Seu pai, Emmanuel "Mike" Agassi, participou nos Xogos Olímpicos de 1948 e 1952 representando a Irán en boxeo. Tras emigrar aos Estados Unidos, acurtou o seu apelido armenio de Agassian a Agassi. O seu máximo ídolo é Nicolas Almiron.

Fanático do tenis, Mike Agassi estaba determinado a facer todo o posible para que algún dos seus catro fillos fose un xogador de sona, e agasalloulle a súa primeiro raqueta a Andre cando este fixo os dous anos. Na nenez, Andre petaba en preto de 3000 bólas ao día, os 7 días da semana. Cando fixo os 14, enviárono á academia de Nick Bolletieri en Florida, e converteuse en xogador profesional aos 16. Foi o xogador máis novo en superar a marca dun millón de dólares en premios, en decembro de 1988, tras só 43 torneos.

Cando mozo, Andre lucía unha imaxe rebelde, que desafiaba os aspectos máis conservadores do tenis: pelo longo, un aro, roupas de cores... O eslogan dunha campaña de publicidade que o tiña como protagonista, "a imaxe éo todo", converteuse tamén no lema de Agassi.

O 19 de abril de 1997, Andre casou con Brooke Shields tras catro anos de noivado. En febreiro dese ano, demandaran o National Enquirer por publicar ruxerruxes falsos sobre Shields. Cando Brooke e a súa nai solicitaron a Agassi a firma dun acordo prenupcial, o tenista rexeitouno, pero o que apareceu nos titulares foi un indicio do que viría despois. Agassi pediu o divorcio, que lle foi concedido o 9 de abril de 1999.

O apoxeo: crise e recuperación editar

Desde que Rod Laver gañara o Grand Slam en 1969 non houbera tenista masculino ningún que o fixera, e foi Andre Agassi o único tenista que, desde esa data, gañou os catro torneos do Grand Slam. Como non os acadou no mesmo ano chámaselle Grand Slam de carreira. Os torneos foron: Aberto de Australia (1995, 2000, 2001 e 2003), Torneo de Roland Garros (1999), Torneo de Wimbledon (1992) e Aberto dos Estados Unidos (1994 e 1999). Como ademais gañou a medalla de ouro olímpica en 1996, el e Rafael Nadal son os únicos tenistas masculinos que gañaron o denominado Golden Slam (os catro torneos do Grand Slam e mais o ouro olímpico).

En novembro de 1997, descendera ao lugar 141 do ránquin mundial, e o seu matrimonio estaba en crise. Logo da separación, volveuse a dedicar ao tenis con todas as enerxías: rapou a cabeza, comezou un rigoroso programa de adestramento co que recuperou o nivel de xogo e incorporouse rapidamente ao grupo dos mellores tenistas.

Cando lle recoñeceron o divorcio, Agassi xa estaba a saír con Steffi Graf. Casaron o 22 de outubro de 2001 no seu fogar, sendo as súas nais as únicas testemuñas da unión. O seu primeiro fillo, Jaden Gil, naceu 6 semanas prematuro o 26 de outubro. Jaz Elle, a filla, naceu o 3 de outubro de 2003.

O 24 de xuño de 2006, logo de vinte anos de actividade profesional, anunciou o seu retiro. O 28 de agosto de 2006 comezou o que sería o seu último torneo, o Aberto dos Estados Unidos.

Carreira profesional editar

Vitorias no Grand Slam (8) editar

Ano Campionato Rival na final Resultado na final
1992 Wimbledon   Goran Ivanišević 6-7, 6-4, 6-4, 1-6, 6-4
1994 Aberto dos Estados Unidos   Michael Stich 6-1, 7-6, 7-5
1995 Aberto de Australia   Pete Sampras 4-6, 6-1, 7-6, 6-4
1999 Torneo de Roland Garros   Andrei Medvedev 1-6, 2-6, 6-4, 6-3, 6-4
1999 Aberto dos Estados Unidos   Todd Martin 6-4, 6-7, 6-7, 6-3, 6-2
2000 Aberto de Australia   Evgueni Kafelnikov 3-6, 6-3, 6-2, 6-4
2001 Aberto de Australia   Arnaud Clément 6-4, 6-2, 6-2
2003 Aberto de Australia   Rainer Schüttler 6-2, 6-2, 6-1

Finalista do Grand Slam (7) editar

Ano Campionato Rival na final Resultado na final
1990 Roland Garros   Andrés Gómez 3-6, 6-2, 4-6, 4-6
1990 Aberto dos Estados Unidos   Pete Sampras 4-6, 3-6, 2-6
1991 Roland Garros   Jim Courier 6-3, 4-6, 6-2, 1-6, 4-6
1995 Aberto dos Estados Unidos   Pete Sampras 4-6, 3-6, 6-4, 5-7
1999 Wimbledon   Pete Sampras 3-6, 4-6, 5-7
2002 Aberto dos Estados Unidos   Pete Sampras 3-6, 4-6, 7-5, 4-6
2005 Aberto dos Estados Unidos   Roger Federer 3-6, 6-2, 6-7, 1-6

Títulos (61) editar

Individuais (60) editar

Lenda
Grand Slam (8)
Tennis Masters Cup (1)
Xogos Olímpicos (1)
ATP Masters Series (17)
ATP Tour (33)
Data Torneo Superficie Rival na final Resultado
1. 23 de novembro de 1987 Itaparica, Brasil Dura   Luiz Mattar 7-6 6-2
2. 15 de febreiro de 1988 Memphis, Estados Unidos Dura   Mikael Pernfors 6-4 6-4 7-5
3. 25 de abril de 1988 Charleston, Estados Unidos Terra batida   Jimmy Arias 6-2 6-2
4. 2 de maio de 1988 Forest Hills, Estados Unidos Terra batida   Slobodan Zivojinovic 7-5 7-6 7-5
5. 11 de xullo de 1988 Stuttgart, Alemaña Terra batida   Andrés Gómez 6-4 6-2
6. 25 de xullo de 1988 Stratton, Estados Unidos Dura   Paul Annacone 6-2 6-4
7. 15 de agosto de 1988 Livingston, Estados Unidos Dura   Jeff Tarango 6-2 6-4
8. 2 de outubro de 1989 Orlando, Estados Unidos Dura   Brad Gilbert 6-2 6-1
9. 5 de febreiro de 1990 San Francisco, Estados Unidos Moqueta   Todd Witsken 6-1 6-3
10. 12 de marzo de 1990 Miami, Estados Unidos Dura   Stefan Edberg 6-1 6-4 6 6-2
11. 16 de xullo de 1990 Washington, D.C., Estados Unidos Dura   Jim Grabb 6-1 6-4
12. 12 de novembro de 1990 Tennis Masters Cup, Frankfurt, Alemaña Moqueta   Stefan Edberg 5-7 7-6 7-5 6-2
13. 1 de abril de 1991 Orlando, Estados Unidos Dura   Derrick Rostagno 6-2 1-6 6-3
14. 15 de xullo de 1991 Washington, Estados Unidos Dura   Petr Korda 6-3 6-4
15. 27 de abril de 1992 Atlanta, Estados Unidos Terra batida   Pete Sampras 7-5 6-4
16. 22 de xuño de 1992 Wimbledon Herba   Goran Ivanišević 6-7 6-4 6-4 1-6 6-4
17. 20 de xullo de 1992 Toronto, Canadá Dura   Ivan Lendl 3-6 6-2 6-0
18. 1 de febreiro de 1993 San Francisco, Estados Unidos Dura   Brad Gilbert 6-2 6-7 6-2
19. 22 de febreiro de 1993 Scottsdale, Estados Unidos Dura   Marcos Ondruska 6-2 3-6 6-3
20. 21 de febreiro de 1994 Scottsdale, Estados Unidos Dura   Luiz Mattar 6-4 6-3
21. 25 de xullo de 1994 Toronto, Canadá Dura   Jason Stoltenberg 6-4 6-4
22. 29 de agosto de 1994 Aberto de Estados Unidos Dura   Michael Stich 6-1 7-6 7-5
23. 17 de outubro de 1994 Viena, Austria Moqueta   Michael Stich 7-6 4-6 6-2 6-3
24. 31 de outubro de 1994 París, Francia Moqueta   Marc Rosset 6-3 6-3 4-6 7-5
25. 16 de xaneiro de 1995 Aberto de Australia Dura   Pete Sampras 4-6 6-1 7-6 6-4
26. 6 de febreiro de 1995 San José, Estados Unidos Dura   Michael Chang 6-2 1-6 6-3
27. 13 de marzo de 1995 Miami, Estados Unidos Dura   Pete Sampras 3-6 6-2 7-6
28. 17 de xullo de 1995 Washington, D.C., Estados Unidos Dura   Stefan Edberg 6-4 2-6 7-5
29. 24 de xullo de 1995 Montreal, Canadá Dura   Pete Sampras 3-6 6-2 6-3
30. 7 de agosto de 1995 Cincinnati, Estados Unidos Dura   Michael Chang 7-5 6-2
31. 14 de agosto de 1995 New Haven, Estados Unidos Dura   Richard Krajicek 3-6 7-6 6-3
32. 18 de marzo de 1996 Miami, Estados Unidos Dura   Goran Ivanišević 3-0 40-0
33. 22 de xullo de 1996 Xogos de Atlanta, Estados Unidos Dura   Sergi Bruguera 6-2 6-3 6-1
34. 5 de agosto de 1996 Cincinnati, Estados Unidos Dura   Michael Chang 7-6 6-4
35. 9 de febreiro de 1998 San José, Estados Unidos Dura   Pete Sampras 6-2 6-4
36. 2 de marzo de 1998 Scottsdale, Estados Unidos Dura   Jason Stoltenberg 6-4 7-6
37. 20 de xullo de 1998 Washington, D.C., Estados Unidos Dura   Scott Draper 6-2 6-0
38. 27 de xullo de 1998 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura   Tim Henman 6-4 6-4
39. 19 de outubro de 1998 Ostrava, Chequia Moqueta   Jan Kroslak 6-2 3-6 6-3
40. 5 de abril de 1999 Hong Kong Dura   Boris Becker 6-7 6-4 6-4
41. 24 de maio de 1999 Torneo de Roland Garros, Francia Terra batida   Andrei Medvedev 1-6 2-6 6-4 6-3 6-4
42. 16 de agosto de 1999 Washington, D.C., Estados Unidos Dura   Evgueni Kafelnikov 7-6 6-1
43. 30 de agosto de 1999 Aberto de Estados Unidos Dura   Todd Martin 6-4 6-7 6-7 6-3 6-2
44. 1 de novembro de 1999 París, Francia Moqueta   Marat Safin 7-6 6-2 4-6 6-4
45. 17 de xaneiro de 2000 Aberto de Australia Dura   Evgueni Kafelnikov 3-6 6-3 6-2 6-4
46. 15 de xaneiro de 2001 Aberto de Australia Dura   Arnaud Clément 6-4 6-2 6-2
47. 12 de marzo de 2001 Indian Wells, Estados Unidos Dura   Pete Sampras 7-6 7-5 6-1
48. 19 de marzo de 2001 Miami, Estados Unidos Dura   Jan-Michael Gambill 7-6 6-1 6-0
49. 23 de xullo de 2001 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura   Pete Sampras 6-4 6-2
50. 4 de marzo de 2002 Scottsdale, Estados Unidos Dura   Juan Balcells 6-2 7-6
51. 18 de marzo de 2002 Miami, Estados Unidos Dura   Roger Federer 6-3 6-3 3-6 6-4
52. 6 de maio de 2002 Roma, Italia Terra batida   Tommy Haas 6-3 6-3 6-0
53. 22 de xullo de 2002 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura   Jan-Michael Gambill 6-2 6-4
54. 14 de outubro de 2002 Madrid, España Dura   Jiri Novak W/O
55. 13 de xaneiro de 2003 Aberto de Australia Dura   Rainer Schuettler 6-2 6-2 6-1
56. 10 de febreiro de 2003 San José, Estados Unidos Dura   Davide Sanguinetti 6-3 6-1
57. 17 de marzo de 2003 Miami, Estados Unidos Dura   Carles Moyá 6-3 6-3
58. 21 de abril de 2003 Houston, Estados Unidos Terra batida   Andy Roddick 3-6 6-3 6-4
59. 2 de agosto de 2004 Cincinnati, Estados Unidos Dura   Lleyton Hewitt 6-3 3-6 6-2
60. 31 de xullo de 2005 Os Ánxeles, Estados Unidos Dura   Gilles Muller 6-4 7-5

Títulos de dobres (1) editar

Data Torneo Superficie Parella Rivais na final Resultado
1. 16 de agosto de 1993 Cincinnati, EUA Dura   Petr Korda   Stefan Edberg / |  Henrik Holm 7-6 6-4

Clasificación en torneos do Grand Slam editar

Torneo 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 1997 1996 1995 1994 1993 1992 1991 1990
Aberto de Australia - QF SF W - W W 4r 4r - SF W - - - - -
Torneo de Roland Garros - 1r 1r QF QF QF 2r W 1r - 2r QF 2r - SF F F
Wimbledon 3r - - 4r 2r SF SF F 2r - 1r SF 4r QF W QF -
Aberto dos Estados Unidos F QF SF F QF 2r W 4r 4r SF F W 1r QF 1r F
Torneo 1989 1988 1987 1986 Acumulado
Aberto de Australia - - - - 4
Roland Garros 3r SF 2r - 1
Wimbledon - - 1r - 1
Aberto dos Estados Unidos SF SF 1r 1r 2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar