Andrés Gómez Legaspi
mestre e xornalista galego
Andrés Gómez Legaspi,[1] nado en Muxa (Lugo) o 19 de xaneiro de 1892,[2] foi un mestre e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1892 (132 anos) Muxa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Fillo de Miguel Gómez Meilán. Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1924. Foi mestre en Viveiro, Ribadeo, San Román de Vilaestrofe e Cima de Vila (Pedreda). Dirixiu a revista pedagóxica Vida Escolar. Dirixiu as Colonias Escolares de Reinante. Foi concelleiro de Lugo en 1928. Militou en Unión Republicana, da que foi nomeado tesoureiro da xunta local de Lugo en marzo de 1936.[3] Foi presidente da mutualidade do Maxisterio de Lugo. Dende 1950 foi profesor da Escola de Comercio de Lugo. Xubilouse como mestre en 1962.[4]
Recoñecementos editar
En 1960 foille concedida a medalla de Afonso X o Sabio.[5]
Vida persoal editar
Casou en Lugo con Teresa Losada Soto en 1917.[6]
Notas editar
- ↑ Nalgunha fontes o seu segundo apelido aparece transcrito como Legazpi.
- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 44.
- ↑ El Progreso, 3-3-1936, p. 6.
- ↑ El Progreso, 19-1-1962, p. 4.
- ↑ El Progreso, 27-11-1960, p. 2.
- ↑ La Voz de la Verdad, 27-10-1919, p. 2.