Andoa dos piñeiros

especie de boletus
Andoa dos piñeiros
Clasificación científica
Reino: Fungi
Filo: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Boletales
Familia: Boletaceae
Xénero: Boletus
Especie: B. pinophilus
Nome binomial
'Boletus pinophilus'
Pilát & Dermek, 1973
Sinonimia
  • Boletus aestivalis var. pinicola (Vittad.) Sacc. 1910
  • Boletus edulis f. pinicola (Vittad.) Vassilkov 1966
  • Boletus edulis var. pinicola Vittad.
  • Boletus pinicola (Vittad.) A. Venturi 1863[1]

A andoa dos piñeiros[2] (Boletus pinophilus Pilat & Dermek), é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Aparece nalgúns locais de Galiza.

Descrición editar

O cogomelo deste fungo posúe un chapeu de entre 6 e 30 centímetros de diámetro, con cutícula de cor marrón avermellada. Tubos case ceibos, de cor branca, despois amarelos e finalmente amarelos oliva. de cor marrón clara, moi groso, que pode superar o diámetro do chapeu.

Hábitat e época editar

Aparece na primavera e no verán con choivas, e principalmente polo outono. Adoitan medrar so piñeirais vellos de piñeiros rubios (Pinus sylvestris), aínda que tamén poden facelo en faiais.

Comestibilidade editar

Excelente coma comestíbel, sendo un cogomelo moi apreciado en gastronomía.

  • Ollo!!: A determinación dun cogomelo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou os centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Cómpre evitar o consumo de cogomelos apañados no monte, xa que podería pór en risco a saúde de vostede e dos seus convidados.

Notas editar

  1. "Boletus pinophilus". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited. 
  2. Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.

Ligazóns externas editar