Anders Celsius, nado en Ovanåker o 27 de novembro de 1701 e finado na mesma vila o 25 de abril de 1744, foi un físico e astrónomo sueco.

Infotaula de personaAnders Celsius

Anders Celsius
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1701
Uppsala, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1744
Ovanåker, Suecia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIgreja de Gamla Uppsala (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rector of the University of Uppsala (en) Traducir
Rector of the University of Uppsala (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSuecia
País de nacionalidadesueco
EducaciónUniversidade de Uppsala
Director de teseJacques Cassini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoastronomía, física
Ocupaciónastrónomo , inventor , químico , profesor universitario , físico , matemático , meteorólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Uppsala Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresEric Burman (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJohan Gottschalk Wallerius (pt) Traducir, Jakob Gadolin (pt) Traducir e Pehr Wilhelm Wargentin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua sueca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor
PaiNils Celsius Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Celsius-1 Find a Grave: 8413 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Profesor de astronomía na Universidade de Uppsala (1730-1744). Supervisou a construción do Observatorio de Uppsala, do que foi nomeado director en 1740. En 1733 publicou unha colección de 316 observacións de auroras boreais. En 1736 participou nunha expedición a Laponia para medir un arco de meridiano terrestre, o cal confirmou a teoría de Isaac Newton de que a Terra achatábase nos polos. Nunha memoria que presentou á Academia de Ciencias Sueca propuxo a escala centígrada de temperaturas, coñecida posteriormente como escala Celsius.

Celsius é coñecido como o inventor da escala centesimal do termómetro. Aínda que este instrumento é un invento moi antigo, a historia da súa gradación é do máis caprichosa. Durante o século XVI era graduado como "frío" colocándoo nunha cova e "quente" expoñéndoo aos raios do sol estival ou sobre a pel quente dunha persoa. Máis tarde o francés Réaumur e o alemán Fahrenheit en 1714, graduárono baseándose na temperatura do xeo no seu punto de fusión e na do vapor da auga ao ferver, pero a escala alemá ía de 32 a 212 graos, mentres que a francesa facíao de 0 a 80 graos.

En 1742, Celsius propuxo substituír a escala do científico alemán por outra dun manexo máis sinxelo. Para iso creou a escala centesimal que ía de 0 a 100 graos e inventou o termómetro de mercurio. O punto correspondente á temperatura 100 °C coincidía co punto de conxelación da auga mentres que a temperatura a 0 °C equivalía á temperatura de ebulición da auga a nivel do mar. A escala, polo tanto, indicaba un descenso de temperatura cando a calor aumentaba, ao contrario de como é coñecida actualmente. O seu compatriota o científico Carl von Linné (coñecido como Linneo) invertería esta escala tres anos máis tarde.

Esta escala centígrada de temperaturas foi proposta nunha memoria que presentou á Academia de Ciencias Sueca. O termómetro de Celsius foi coñecido durante anos como "termómetro sueco" pola comunidade científica, e tan só se popularizou o nome de "termómetro Celsius" a partir do século XIX.