A illa Anatahan pertence ás Illas Marianas do Norte. Ten 9 quilómetros de longo e ten unha superficie de 33´9 quilómetros cadrados. A súa poboación evacuouse debido ás erupciones volcánicas na illa, estando actualmente deshabitada. A erupción do volcán máis recente foi en 2007 e durou ata o ano 2008. É un dos volcáns máis activos das Illas Marianas do Norte. Antigamente habitada, actualmente non ten poboación debido ao sempre presente perigo de erupcions volcánicas.

Anatahan
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
ArquipélagoIllas Marianas do Norte
MarOcéano Pacífico
Coordenadas16°21′N 145°40′L / 16.35, 145.67Coordenadas: 16°21′N 145°40′L / 16.35, 145.67
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie33´9 km²
Longura máxima9 km-
Largura máxima4 km-
Punto máis alto790 m.
Demografía
PoboaciónDesnabitada (2010)

Anatahan é ben coñecida debido a un grupo de disidentes xaponeses que resistiu moito tempo despois do final da segunda guerra mundial.

Historia editar

A finais da guerra, un grupo de naufragos xaponeses dun buque afundido polo exército americano chegaron á illa. Este grupo foi descuberto en febreiro de 1945, cando varios chamorros de Saipan foron enviados á illa para recuperar os corpos dun B-29 que se estrelara. Os chamorros informaron que había uns trinta sobreviventes xaponeses de tres barcos afundidos en xuño de 1944, unha das cales era unha muller de Okinawa. Os naufragos da illa negáronse a crer que a guerra terminara e resistiron todos os intentos da Armada para eliminalos.

Enviáronse folletos aos disidentes informándoos de que a guerra terminara e que debían entregarse, pero estas peticións foron ignoradas. Vivían unha vida austera, comían cocos, taro, cana de azucre silvestre, peixes e lagartos. Fumaban, follas secas de papaia triturada envolvida nas follas de plátanos e unha bebida embriagante coñecida como "tuba", (uo viño de coco). Vivían en chozas de folla de palma tecida, e o piso era de esteiras de pandanus. Tras o accidente do B-29, os disidentes usaron material rescatado dos seus restos.

O empeoreamento das relacións persoais desenvolvidas como resultado de ser demasiado longas, ademais de ser un pequeno grupo nunha pequena illa e tamén por mor da tuba. Unido á presenza de só unha muller, Kazuko Higa, causou grandes dificultades tamén. Seis das once mortes que se produciron entre os disidentes foron resultado da violencia. Un home mostraba trece feridas de coitelo. A sra. Higa que, repartiu os seus afectos polo menos con catro dos homes, logo de que un por un foran desaparecendo misteriosamente como resultado de "ser tragado polas ondas mentres pescaban." En xullo de 1950, a Sra. Higa foi á praia cando un buque americano estaba na ribeira e pediu ser retirada da illa. Foi levada a Saipan abordo do Miss Susie e, á súa chegada, informou ás autoridades que os homes da illa non crían que a guerra terminara.

Mentres tanto, os funcionarios do goberno xaponés interesaronse pola situación en Anatahan e pediron á Armada información "sobre os xaponeses que vivían unha vida de Robinson Crusoes, unha vida primitiva nunha illa deshabitada", e ofreceronse a enviar un buque a rescatalos. En xaneiro de 1951, foilles entregada unha mensaxe do Gobernador da Prefectura de Kanagawa e as familias tamén escribiron cartas para informarlles de que a guerra terminara e que debían renderse.

As cartas foron enviadas por vía aérea o 26 de xuño e, finalmente, foron convencidos de que debían entregarse. Así, seis anos despois do final da segunda guerra mundial, a operación "Eliminación" púxose en marcha desde Saipan, baixo o mando de James B. Johnson, USNR, a bordo do remolcador da Mariña USS Cocopa. O Tenente Comandante James B. Johnson e o Sr. Ken Akatani, un intérprete, dirixironse a terra nun bote de goma aceptando oficialmente a última entrega da segunda guerra mundial na mañá do 30 de xuño de 1951, que tamén coincidiu co último día da Administración Naval do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar