Lunyu

(Redirección desde «Analectas»)

Lunyu ou Analectas (chinés tradicional: 論語; chinés simplificado: 论语; pinyin: Lúnyǔ; Wade-Giles: Lun2-yü3) é o texto fundamental do confucianismo, consistente nunha escolma desordenada de ditos, diálogos e pequenos relatos realizada polos discípulos de Confucio durante aproximadamente un século despois da súa morte e completada, xa que logo, ao redor do -400.[1][2]

Lunyu 論語
Páxina do Lunyu
Autor/aConfucio
OrixeChina
LinguaChinés clásico
Tema(s)Filosofía
Xénero(s)Ensaio
Data de pub.Século -IV
editar datos en Wikidata ]

Recolle un modelo de sabedoría moi influente na historia da China ata a chegada do comunismo. Trata de actitudes éticas, da educación e do goberno. Defende o respecto aos pais, o esforzo por acadar a virtude, a ecuanimidade e o sentido da rectitude, a lealdade, a prudencia e a xustiza.

Confucio dixo: un cabaleiro debe poñerse en garda contra tres perigos: cando é novo e lle ferve o sangue, debe gardarse contra a luxuria; cando é maduro e o sangue está en plenitude, debe gardarse contra a carraxe; na vellez cando o sangue está murcho, debe gardarse da rapacidade (16.7)

Transmisión editar

A compilación dos textos do Lunyu é sen dúbida posterior ao pasamento de Confucio, xa que neles se tratan como defuntas persoas que morreron despois del, coma o duque Ai de Lu 魯哀公 (494-467).[2] Tamén se mencionan afirmacións de discípulos coma Zeng Shen 曾參 (505-436), polo que a escolma debeu realizarse arredor do século -IV.[2] Porén, o libro non foi considerado un clásico até a dinastía Song (960-1279), cando o erudito neoconfuciano Zhu Xi (1130-1200) o escolleu coma un dos "Catro Libros" (sishu 四書).[2][3]

Notas editar

  1. "Confucianism - Analects, Philosophy, Ethics - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-02-14. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Theobald, Ulrich. "Lunyu 論語 (www.chinaknowledge.de)". chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-14. 
  3. Thompson, Kirill (2021). Zalta, Edward N., ed. Zhu Xi (Summer 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar