A anacreóntica é un subxénero da lírica consistente nunha composición festiva e alegre en versos de arte menor en que se canta os praceres sensuais. Debe o seu nome ao poeta grego Anacreonte.

Un exemplo na literatura galega é a peza de Ramón Cabanillas "Diante dunha cunca de viño espadeiro".


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.