Anabel Santiago

cantante asturiana


Anabel Santiago, nada en Buenos Aires o 18 de xuño de 1981, é unha cantante de tonada asturiana. Foi nomeada Mellor Voz Asturiana do Memorial Silvino Argüelles nas edicións de 2003, 2004, 2005 e 2006.

Infotaula de personaAnabel Santiago
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Q50222764 Traducir
xuño de 2019 – 14 de agosto de 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , política Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoAsturianada (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webanabelsantiago.com Editar o valor em Wikidata
Songkick: 64949 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a cantar tonada asturiana con trece anos. Desde 1995 gañou diversos concursos do xénero, como o Concursu Ciudá d'Uviéu, Concursu de La Nueva, Concursu d'El Comercio de Xixón, Concursu d'Amieva, Concursu de Tonada d'Avilés ou Concursu Cuenca del Caudal. Foi contratada polo Goberno do Principado de Asturias para actuar en lugares de Europa e Latinoamérica con emigración asturiana, como Bruxelas, Xenebra, Lausana, Buenos Aires ou Cuba.

En 1996 comezou a participar en festivais de folk como o Festival Intercéltico de Lorient ou Folk Segovia. En 1999 participou na curtametraxe La neña de los mios güeyos, e en 2000 colaborou con Dixebra en Glaya un país.

En 2001 gravou o seu primeiro disco en clave tradicional, titulada Tierra de sueños. En 2003 editou o seu segundo disco, Al son de la lluna, que supuxo unha revolución no mundo da tonada e o canto asturiano, con temas como “A la mar vanse los ríos”, “Cantar del home solu” ou “Amor quién te tuviera”. Nese mesmo ano colaborou con Tino de Giraldo. Tamén traballou en diversos proxectos co músico e produtor Michael Lee Wolfe. A partir das súas actuacións coa Asturiana Mining Company, foi chamada pola Compañía Asturiana d'Espectáculos para ser a voz principal dos novos proxectos, como Nel Camín, Torner ou Camín a Xixón, estreada na Praza Maior de Xixón.

En 2004 realizou unha xira por Venezuela canda a Alberto Varillas e o grupo Ástura. Con Varillas colaborou no espectáculo Torner, con produción musical de Ismael González Arias, estreado o 26 de febreru de 2005 no Conservatoriu Superior Eduardo Martínez Torner de Uviéu e co que xirou por toda Asturias.

A finais de 2005 editou o disco Anabel Santiago canta a Diamantina Rodríguez, dedicado á figura feminina máis importante da música asturiana, Diamantina Rodríguez. O Cd conseguiu distribución por todo o territorio español da man de Galileo MC. A canción "Esi pandeiru que toco", dese mesmo disco, incluíuse no recompilatorio Música de Mujer (La Fábrica de Ideas - FNAC). Amais a peza "El galán d'esta villa", orixinal de Ismael González Arias, apareceu en Nuestra diversidad cultural (FNAC - La Fábrica de Ideas - Radio 3).

En 2010 publicou Agora, producido por Héctor Braga. En 2015 editou Llances de papel, con cantares populares asturianos, tangos e outras pezas con letras de José Luis Remis e música de Xulio Arbesú[1]. No disco mestúranse o indie pop coa tonada e a música folk[2].

Recoñecementos editar

No ano 2000 dedicóuselle unha rúa no barrio de La Corredoria (Uviéu), nunha urbanización con vías adicadas a figuras do folclore e a música tradicional asturiana de todos os tempos.

Discografía editar

  • Tierra de sueños (Sociedá Fonográfica Asturiana, 2001)
  • Al son de la lluna (L'Aguañaz, 2003)
  • Anabel Santiago canta a Diamantina (Males Pulgues/Galileo MC, 2005)
  • Desnuda (Galileo MC, 2007)
  • Agora (Autoproducido, 2010)
  • Llances de papel (2015)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar