Amy Heckerling, nada en Nova York o 7 de maio de 1954, é unha directora de cinema estadounidense. Alumna da Universidade de Nova York e do American Film Institute, dirixiu filmes de éxito comercial como Fast Times at Ridgemont High, National Lampoon's European Vacation, Mira quen fala e Clueless.

Infotaula de personaAmy Heckerling

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir
High School of Art and Design (en) Traducir
AFI Conservatory (en) Traducir
The Center for Early Education (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , escritora , produtora de televisión , guionista , directora de cinema , produtora , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNeal Israel (1984–1984)
Premios

IMDB: nm0002132 Allocine: 12549 Rottentomatoes: celebrity/amy_heckerling Allmovie: p93875
Discogs: 3640760 Editar o valor em Wikidata

Heckerling recibiu a medalla Franklin J. Schaffner Alumni da AFI[1] polo seu talento creativo e logros artísticos.

Vida persoal editar

Heckerling saíu co director Martin Brest cando marchou vivir aos Ánxeles. Aínda que posteriormente romperon a relación, continuaron a ser bos amigos. O primeiro matrimonio de Heckerling foi con David Brandt, entre 1981 e 1983. En 1984, Heckerling casou co director Neal Israel, do que se divorciou en 1990.[2][3] A filla da parella, Mollie Israel, naceu en 1985. A Mollie fixéronlle crer que Israel era o seu pai biolóxico ata 2004,[4] cando lle revelaron que de feito o seu pai biolóxico era Harold Ramis.[3] Heckerling incluíu a Mollie nalgúns dos seus filmes en pequenos papeis, aínda que afirma que a súa filla nunca quixo ser unha "girly girl" e distanciouse moito do seu traballo. A pesar diso, as dúas lévanse moi ben e Mollie adoita presentar á súa nai música nova, como OK Go, e filmes.[5] Mollie é cantante do grupo The Lost Patrol. Heckerling vive entre Os Ánxeles e Nova York.

Heckerling é unha das poucas mulleres que dirixiu múltiples filmes de éxtio comercial. Cando se lle preguntou polo feito de que só o 5% dos filmes están dirixidos por mulleres, Heckerling afirmou:

É unha industria noxenta. Non sei que máis dicir. Especialmente agora. Non podo dixerir a maioría dos filmes sobre mullers. Anoite vin un filme. Non quero dicir o seu título... pero de novo coa puta voda e a única vez que as mulleres din algo é sobre homes.[6][7]

Alegación de mala conduta sexual editar

O actor e cómico Chris Kattan afirmou no seu libro de memorias de 2019 Baby, Don't Hurt Me: Stories and Scars from Saturday Night Live que Lorne Michaels lle metera presión para manter relacións sexuais con Heckerling a cambio de que ela dirixise o filme de 1998 A Night at the Roxbury (aínda que finalmente só o produciu).[8] A filla de Heckerling discute esta afirmación dicindo que, aínda que Heckerling e Kattan tiveron unha relación, foi cando o filme xa estaba rodado.[9]

Filmografía editar

Ano Filme Ocupación Notas
1977 Getting It Over With Directora / Guionista Curtametraxe, filme de tese do AFI
1982 Fast Times at Ridgemont High Directora
1984 Johnny Dangerously Directora
1985 National Lampoon's European Vacation Directora
1986 Fast Times Produtora / Directora / Guionista Serie de televisión baseada en Fast Times at Ridgemont High; directora e guionista de tres episodios
1988 Life on the Flipside Produtora Telefilme
1989 Mira quen fala Directora / Guionista
1990 Mira quen fala tamén Directora / Guionista Coescrito con Neal Israel
1991-92 Baby Talk Cocreadora; Guionista Serie de televisión (35 episodios)
1993 Look Who's Talking Now Produtora
1995 Clueless Directora / Guionista / Produtora
1996-99 Clueless Creadora; Produtora / Directora / Guionista Serie de televisión (62 episodios); produtora da primeira temporada; directora e guionista de catro episodios
1998 A Night at the Roxbury Produtora
1999 Molly Produtora executiva
2000 Loser Directora / Guionista / Produtora
2005 The Office Directora Serie de televisión; dirixiu o episodio "Hot Girl"
2007 I Could Never Be Your Woman Directora / Guionista
2012 Vamps Directora / Guionista
2012 Gossip Girl Directora Serie de televisión; dirixiu os episodios "Father and the Bride" e "Monstrous Ball"
2015-17 Red Oaks Directora Serie de televisión; dirixiu os episodios "Body Swap", "After Hours", "The Bris", "Independence Day", "Samwich" e "A Little Business Proposition"

Notas editar

  1. "Franklin J. Schaffner Alumni Medal History". AFI Conservatory. Consultado o 1 de febreiro de 2014. 
  2. McMurran, Kristin (1985-05-13). "Mixing Marriage and Movies Is a Mirthly Delight for Directors Amy Heckerling and Neal Israel". People. Consultado o 2019-05-28. 
  3. 3,0 3,1 Swartz, Tracy (18 de abril de 2018). "Mollie Heckerling revealed as Harold Ramis' daughter in new book". Chicago Tribune. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  4. Ramis, Violet (5 de xuño de 2018). "The Story of Harold Ramis and Amy Heckerling's Secret Daughter". Vulture. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  5. Murray, Noel (20 de marzo de 2008). "Amy Heckerling | Film | Interview". The A.V. Club. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  6. Orixinal en inglés: "It's a disgusting industry. I don't know what else to say. Especially now. I can't stomach most of the movies about women. I just saw a movie last night. I don't want to say the name – but again with the fucking wedding and the only time women say anything is about men."
  7. Silverstein, Melissa (9 de abril de 2012). "Interview with Vamps Director Amy Heckerling". IndieWire.com. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  8. Neilan, Dan (29 de maio de 2019). "Chris Kattan's Got a Disturbing Story About Lorne Michaels and A Night at the Roxbury". The A.V. Club. 
  9. "Amy Heckerling’s Daughter Responds to Chris Kattan’s Claims of Sexual Coercion". www.vulture.com. Consultado o 05-06-2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Hurd, Mary G. Women Directors and Their Films. Westport, Conn: Praeger, 2007. Print. ISBN 9780275985783
  • Jarecki, Nicholas. Breaking In: How 20 Film Directors Got Their Start. 2001. 142–156. Print. ISBN 0-7679-0674-8
  • Singer, Michael. A Cut Above. 1998. 81–85. Print. ISBN 1-58065-000-7