A amputación ou mutilación é a perda, accidental ou non (por exemplo e especialmente a operación cirúrxica na que se secciona completamente un membro incluíndo o óso e as partes brandas), dun membro ou dunha parte externa do corpo. Cando coincide cunha articulación denomínase desarticulación.[1]

Amputation
Clasificación e recursos externos
J. McKnight, que perdeu as súas extremidades nun accidente en 1865, é a segunda persoa sobrevivente a unha amputación tripla da que se ten coñecemento.
ICD-10T14.7
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As amputacións dos dedos das mans danse, por seren atrapados en máquinas, con frecuencia no medio laboral. Se o corte que produce a amputación é limpo, é dicir, non se xera mediante esmagamento ou arrancamento, inténtase actualmente -e normalmente de xeito exitoso- o reimplante.

Reimplantación editar

Para poder reimplantar unha porción amputada, debe evitarse que esta se conxele. É conveniente envolvela nun tecido limpo, metela nunha bolsa de plástico e pechala ben, para despois introducir esta bolsa noutra que conteña auga e xeo. Deberase inmediatamente pedir axuda sanitaria de emerxencia e poñer unha vendaxe comprensiva se fose un dedo. Se fose unha extremidade e houbese moita hemorraxia, farase un torniquete.

Membro pantasma editar

A dor nas extremidades fantasma ou pantasma, síndrome do membro pantasma[2], ou dor pantasma[3] é unha síndromes de dor clínica e un dos exemplos máis relevantes de dor crónica. O amputado menciona a percepción dun membro fantasma, até dun órgano, [4] [5] [6] case inmediatamente despois da amputación do membro. Normalmente descríbese como unha forma precisa do membro real desaparecido.

Artigo principal: Membro pantasma.

Próteses editar

 
Adestramento dun atleta cunha perna protésica para participar nos Xogos Paralímpicos.

Unha prótese é un aparello que suple, en todo ou en parte, as funcións do órgano ou extremidade perdida nas persoas que por enfermidade ou accidente non a teñen, coma os tocos ou os coxos, ou esta non é funcional.


 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas editar

  1. "bUSCatermos; amputación, desarticulación". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-25. 
  2. "bUSCatermos; síndrome do membro pantasma". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-25. 
  3. "bUSCatermos; dor pantasma". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-25. 
  4. Mitchell, S. W. (1871). "Phantom limbs". Lippincott's Magazine of Popular Literature and Science 8: 563–569. 
  5. Melzack, R. (1992). "Phantom limbs" (PDF). Scientific American: 120–126. 
  6. "The perception of phantom limbs" (PDF). Brain 121: 1603–1630. 1998. PMID 9762952. doi:10.1093/brain/121.9.1603. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar