Aminatta Forna

escritora de Serra Leoa


Aminatta Forna, nada en Bellshill (Lanarkshire, Escocia)[1] en 1964, é unha escritora de Serra Leoa.

Infotaula de personaAminatta Forna

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementonovembro de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Bellshill, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Gran Londres Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , poeta avogado , novelista , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBath Spa University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webaminattaforna.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2691064 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de pai de Serra Leoa, Mohamed Forna, e nai escocesa, Maureen Christison. Cando tiña seis meses a familia mudouse a Serra Leoa, onde Mohamed Forna traballaba como físico. Despois involucrouse na política, até que en 1975 foi condenado por traizón.[2][3] A etapa desa época e a súa investigación sobre a conspiración arredor da morte do seu pai están tratadas no seu libro de memorias The Devil That Danced on the Water.[4]

Forna estudou Dereito na University College London. En 2013 asumiu o posto de profesora de Escritura Creativa na Universidade Bath Spa.[5]

Entre 1989 e 1999 traballou para a BBC, tanto na radio como en televisión, como reporteira e documentarista nas esferas da arte e a política. Fixo os documentais sobre África Through African Eyes (1995),[6] Africa Unmasked (2002)[7] e The Lost Libraries of Timbuktu (2009).[8]

Obra editar

  • The Devil That Danced on the Water: A Daughter's Quest (2003)
  • Ancestor Stones (2006)
  • The Memory of Love (2010)
  • The Hired Man (2013)
  • Happiness (2018)

Notas editar

  1. Maggie Barry (8 de maio de 2011). "Acclaimed author reveals secret Scottish roots in moving tribute". Daily Record (Escocia). 
  2. Sekou Daouda Bangura (21 de xullo de 2009). "34 years after the execution of Mohamed Sorie Fornah and 14 others". The Patriotic Vanguard. 
  3. "Ex-officials on trial for treason in Africa". Washington Afro-American. 15 de outubro de 1974. 
  4. Anna Metcalfe (26 de abril de 2010). "«Small Talk: Aminatta Forna» (entrevista)". Financial Times. 
  5. Katie Allen (28 de setembro de 2012). "Weldon and Hensher head to Bath Spa". The Bookseller. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2014. Consultado o 9 de novembro de 2012. 
  6. Through African Eyes (videorecording), written and directed by Aminatta Forna; a BBC/RM Arts co-production; Smithsonian Institution Libraries.
  7. Africa Unmasked: The Black Man's Burden Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (2002), BFI.
  8. The Lost Libraries of Timbuktu, BBC Four.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar