American Head é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental The Flaming Lips, publicado o 11 de setembro de 2020 a través do selo Warner Records nos Estados Unidos e de Bella Union no Reino Unido.[1]

American Head
Álbum de The Flaming Lips
Publicado11 de setembro de 2020
Gravacióndecembro de 2019 - xaneiro de 2020
Estudio(s)Tarbox Road Studios (Cassadaga, Nova York)
Pink Floor Studios (Oklahoma City, Oklahoma)
Duración50:35
Selo(s)Warner Records, Bella Union
Producido porThe Flaming Lips, Dave Fridmann, Scott Booker
Cronoloxía
King's Mouth
(2019)
American Head -

Antecedentes editar

O 23 de marzo de 2020 Steven Drozd anunciou que o décimo sexto álbum da banda, titulado American Head, sería publicado no verán.[2] O disco representa un cambio na súa identidade xa que o grupo decidiu centrarse nas súas raíces estadounidenses no mesmo.[3] A banda anunciou oficialmente a data do lanzamento para o 11 de setembro, xunto co sinxelo "My Religion Is You", o día 26 de xuño.[3] Coyne ofreceu un detalle pista por pista do álbum para Apple Music.[4]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por The Flaming Lips[5]

N.º Título Duración
1. "Will You Return / When You Come Down"   5:20
2. "Watching the Lightbugs Glow"   2:53
3. "Flowers of Neptune 6"   4:30
4. "Dinosaurs on the Mountain"   3:38
5. "At the Movies on Quaaludes"   3:41
6. "Mother I've Taken LSD"   3:47
7. "Brother Eye"   4:23
8. "You n Me Sellin' Weed"   4:56
9. "Mother Please Don't Be Sad"   3:35
10. "When We Die When We're High"   3:39
11. "Assassins of Youth"   4:12
12. "God and the Policeman" (con Kacey Musgraves) 2:28
13. "My Religion Is You"   3:33
50:35

Notas editar

  1. "The Flaming Lips debut ‘Flowers Of Neptune 6’ | Bella Union". bellaunion.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-15. 
  2. "The Songs (and Sounds) of Space with Steven Drozd & The Flaming Lips - Via Satellite -". Via Satellite (en inglés). 2020-03-23. Consultado o 2020-10-15. 
  3. 3,0 3,1 Ehrlich, Brenna; Ehrlich, Brenna (2020-06-26). "The Flaming Lips Get Patriotic on New Album 'American Head,' Out This Fall". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-10-15. 
  4. "American Head by The Flaming Lips". Apple Music (en inglés). Consultado o 2020-10-15. 
  5. "The Flaming Lips American Head". The Flaming Lips Official Store. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 15 de outubro de 2020.