American Basketball Association

A American Basketball Asociation (ABA) foi unha liga de baloncesto creada en 1967 en directa competencia coa National Basketball Association (NBA) nos Estados Unidos. Por ela pasaron grandes figuras do baloncesto norteamericano, até a súa disolución, en 1976.

American Basketball Association
Fundación1967
Desaparición1976
Rexión Estados Unidos
Equipos11
Máis laureadoIndiana Pacers (3 títulos)
Para a actual competición homónima véxase: American Basketball Association (2000).

Historia editar

 
Julius Erving, o Dr. J, foi un dos abandeirados da competición. Trala fin da ABA fixo carreira na NBA.

A ABA orixinal foi fundada en 1967, competindo coa ben estabelecida National Basketball Association (NBA), até a fusión entre ambas competición en 1976. De acordo coa The NBA Encyclopedia o obxectivo da ABA a longo prazo era forzar unha fusión coa liga máis arraigada. Os dirixentes da ABA contaban aos donos potenciais que podían conseguir un equipo da ABA pola metade do que custaba conseguir un equipo de expansión da NBA nesa momento, así que cando se producira a fusión o seu rendemento sería de máis do dobre.

En última instancia, catro equipos da ABA foron absorbidos pola NBA: New York Nets, Denver Nuggets, Indiana Pacers e San Antonio Spurs. Outros dous clubs, Kentucky Colonels e Spirits of St. Louis, disolvéronse e un terceiro, Virginia Squires, pechou menos dun mes antes, perdendo as oportunidades que unha fusión podería proporcionar.

A ABA distínguese da súa homóloga maior, por un estilo máis aberto e rechamante do xogo ofensivo, así como diferenzas nas normas: posesións de 30 segundos (en oposición aos 24 da NBA, aínda que a ABA cambiou tamén a 24 segundos para a tempada 1975-76) e o uso da liña de tres puntos (inexistente daquela na NBA). Ademais, a ABA utilizaba un colorido balón tricolor: azul, branco e vermello, no canto da tradicional bóla de cor laranxa da NBA. A ABA tamén tivo varias franquías "rexionais", como Virginia Squires e Carolina Cougars, que xogaban os partidos como locais en distintas cidades do Estado.

A ABA foi hábil tamén ao conseguir que catro dos mellores árbitros da NBA: Earl Strom, John Vanak, Drucker Norma e Gushue Joe, se pasasen á liga, ofrecéndolles moito máis diñeiro e beneficios. Nas memorias de Earl Strom, Calling the Shots, transmite a embriagadora sensación de ser cortexado por unha liga rival con diñeiro para queimar, e tamén a depresión que transcorre no ano seguinte, cando comezou a arbitrar na ABA, con menos xogadores, peores pavillóns e fronte unha multitude moi pequena. Porén, a aparición da ABA aumentou os salarios dos árbitros do mesmo xeito que o fixo co dos xogadores.

O estilo despreocupado da ABA co tempo conseguiu unha gran popularidade cos afeccionados, pero a falta dun contrato televisivo nacional e prolongadas perdas financeiras que carrexar foron a perdición da ABA como campionato independente. En 1976, o último ano da súa existencia, a ABA foi pioneira na creación do agora popular concurso de mates no All-Star de Denver. Unha das contribucións máis significativas a longo prazo da ABA ao baloncesto profesional foi a apertura de mercados na zona sueste dos Estados Unidos, xa que a NBA centrábase nas zonas urbanas do nordés, medio oeste e costa oeste, non amosando até ese momento ningún interese na creación de equipos ao sur de Washington, D.C..

Comisionados editar

 
George Mikan (#99)

A estrela da NBA George Mikan foi o primeiro comisionado da ABA, onde introduciu tanto a liña de tres puntos como o famoso balón azul, branco e vermello. Con todo, Mikan renunciou dous anos despois, en 1969. Dave DeBusschere, unha das estrelas dos campións New York Knicks, deixou o seu posto como vicepresidente e xerente xeral dos New York Nets en 1975 para converterse no último comisionado da ABA e facilitar a súa fusión coa NBA ao ano seguinte.

  • George Mikan (1967–1969)
  • James Gardner (1969)
  • Jack Dolph (1969–1972)
  • Bob Carlson (1972–1973)
  • Mike Storen (1973–1974)
  • Tedd Munchak (1974–1975)
  • Dave DeBusschere (1975–1976)

Equipos editar

Dos once equipos orixinais, tan só os Kentucky Colonels e os Indiana Pacers permaneceron as nove tempadas que durou a ABA sen trocar de cidade, nome ou desaparecer.

Tempadas editar

Ano Campión do Oeste Xogos Campión do Leste MVP dos Playoffs Equipo
1967–68 New Orleans Buccaneers 3–4 Pittsburgh Pipers Connie Hawkins Pittsburgh Pipers
1968–69 Oakland Oaks 4–1 Indiana Pacers Warren Jabali Oakland Oaks
1969–70 Los Angeles Stars 2–4 Indiana Pacers Roger Brown Indiana Pacers
1970–71 Utah Stars 4–3 Kentucky Colonels Zelmo Beaty Utah Stars
1971–72 Indiana Pacers 4–2 New York Nets Freddie Lewis Indiana Pacers
1972–73 Indiana Pacers 4–3 Kentucky Colonels George McGinnis Indiana Pacers
1973–74 Utah Stars 1–4 New York Nets Julius Erving New York Nets
1974–75 Indiana Pacers 1–4 Kentucky Colonels Artis Gilmore Kentucky Colonels

Coa ABA reducida a sete equipos a mediados da súa última temporada, a liga abandonou a división do campionato en conferencias.

Ano Campión Xogos Finalista MVP dos Playoffs Equipo
1975–76 New York Nets 4–2 Denver Nuggets Julius Erving New York Nets

Resultados por equipos editar

Equipos Finais Campión Finalista Anos campión Anos finalista
Indiana Pacers 5 3 2 1970, 1972, 1973 1969, 1975
New York Nets 3 2 1 1974, 1976 1972
Kentucky Colonels 3 1 2 1975 1971, 1973
Los Angeles / Utah Stars 3 1 2 1971 1970, 1974
Oakland Oaks 1 1 0 1969
Pittsburgh Pipers 1 1 0 1968
Denver Nuggets 1 0 1 1976
New Orleans Buccaneers 1 0 1 1968

Líderes editar

Elixido para o Naismith Memorial Basketball Hall of Fame

Anotación editar

Ano Xogador Equipo Partidos Puntos PPP
1967–68 Hawkins, ConnieConnie Hawkins Pittsburgh Pipers 70 1875 26,8
1968–69 Barry, RickRick Barry Oakland Oaks 35 1190 34,0
1969–70 Haywood, SpencerSpencer Haywood Denver Rockets 84 2519 30,0
1970–71 Issel, DanDan Issel Kentucky Colonels 83 2480 29,9
1971–72 Scott, CharlieCharlie Scott Virginia Squires 73 2524 34,6
1972–73 Erving, JuliusJulius Erving Virginia Squires 71 2268 31,9
1973–74 Erving, JuliusJulius Erving (2) New York Nets 84 2299 27,4
1974–75 McGinnis, GeorgeGeorge McGinnis Indiana Pacers 79 2353 29,8
1975–76 Erving, JuliusJulius Erving (3) New York Nets 84 2464 29,3

Rebotes editar

Ano Xogador Equipo Partidos Ofensivos Defensivos Totais RPP
1967–68 Daniels, MelMel Daniels Minnesota Muskies 78 502 711 1213 15,6
1968–69 Daniels, MelMel Daniels (2) Indiana Pacers 76 383 873 1256 16,5
1969–70 Haywood, SpencerSpencer Haywood Denver Rockets 84 533 1104 1637 19,5
1970–71 Daniels, MelMel Daniels (3) Indiana Pacers 82 394 1081 1475 18,0
1971–72 Gilmore, ArtisArtis Gilmore Kentucky Colonels 84 421 1070 1491 17,8
1972–73 Gilmore, ArtisArtis Gilmore (2) Kentucky Colonels 84 449 1027 1476 17.6
1973–74 Gilmore, ArtisArtis Gilmore (3) Kentucky Colonels 84 478 1060 1538 18,3
1974–75 Nater, SwenSwen Nater San Antonio Spurs 78 369 910 1279 16,4
1975–76 Gilmore, ArtisArtis Gilmore (4) Kentucky Colonels 84 402 901 1301 15,5

Asistencias editar

Ano Xogador Equipo Partidos Asistencias APP
1967–68 Brown, LarryLarry Brown New Orl. Buccaneers 78 506 6,5
1968–69 Brown, LarryLarry Brown (2) Oakland Oaks 77 544 7,1
1969–70 Brown, LarryLarry Brown (3) Washington Caps 82 580 7,1
1970–71 Melchionni, BillBill Melchionni New York Nets 81 672 8,3
1971–72 Melchionni, BillBill Melchionni (2) New York Nets 80 669 8,4
1972–73 Melchionni, BillBill Melchionni (3) New York Nets 61 453 7,4
1973–74 Smith, AlAl Smith Denver Rockets 76 619 8,1
1974–75 Calvin, MackMack Calvin Denver Nuggets 74 570 7,7
1975–76 Buse, DonDon Buse Indiana Pacers 84 689 8,2

Recuperacións editar

Ano Xogador Equipo Partidos Roubos RPP
1973–74 McClain, TedTed McClain Denver Rockets 84 250 2,98
1974–75 Taylor, BrianBrian Taylor New York Nets 79 221 2,80
1975–76 Buse, DonDon Buse Indiana Pacers 84 346 4,12

Tapóns editar

Ano Xogador Equipo Partidos Tapóns TPP
1973–74 Jones, CaldwellCaldwell Jones San Diego Conquist. 79 316 4,00
1974–75 Jones, CaldwellCaldwell Jones (2) San Diego Conquist. 76 246 3,24
1975–76 Paultz, BillyBilly Paultz San Antonio Spurs 83 253 3,05

Premios editar

Xogador Denota que foi elixido no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame
Xogador (X) Denota o número de ocasión nas que o xogador recibiu o respectivo premio

Mellor xogador editar

 
Artis Gilmore.

O "Most Valuable Player" (MVP, Xogador máis valioso) foi un premio anual outorgado por primeira vez en 1968 ao mellor xogador da fase regular da competición. Todo xogador que obtivo o galardón xogou para un equipo que acadou polo menos 45 vitorias en nesta fracción de tempada. O gañador do premio inaugural foi o membro do Salón da Fama Connie Hawkins. Outro membro do Hall of Fame, Julius Erving, coñecido popularmente como "Dr. J", gañou o premio en tres ocasións, todas cos New York Nets, o que supón a mellor marca do torneo. O outro xogador que conseguiu o galardón en máis dunha ocasión foi Mel Daniels, que o gañou dúas veces cos Indiana Pacers. Erving e George McGinnis foron os gañadores conxuntos en 1975. Dous xogadores que debutaban na competición gañaron o premio: Spencer Haywood en 1970 e Artis Gilmore en 1972.

Ano Xogador Posición Equipo
1967-68 Hawkins, ConnieConnie Hawkins Aleiro Pittsburgh Pipers
1968-69 Daniels, MelMel Daniels Pivote Indiana Pacers
1969-70 Haywood, SpencerSpencer Haywood Ala-pivote Denver Rockets
1970-71 Daniels, MelMel Daniels (2) Pivote Indiana Pacers
1971-72 Gilmore, ArtisArtis Gilmore Pivote Kentucky Colonels
1972-73 Cunningham, BillyBilly Cunningham Aleiro Carolina Cougars
1973-74 Erving, JuliusJulius Erving Aleiro New York Nets
1974-75 Erving, JuliusJulius Erving (2) Aleiro New York Nets
1974-75 McGinnis, GeorgeGeorge McGinnis Ala-pivote Indiana Pacers
1975-76 Erving, JuliusJulius Erving (3) Aleiro New York Nets

Mellor novato editar

 
Brian Taylor.

O premio Rookie of the Year (Novato do ano) foi un premio anual outorgado ao mellor xogador debutante na competición durante a fase regular.

Ano Xogador Posición Equipo
1967-68 Daniels, MelMel Daniels Pivote Minnesota Muskies
1968-69 Jabali, WarrenWarren Jabali Base Oakland Oaks
1969-70 Haywood, SpencerSpencer Haywood Ala-pivote Denver Rockets
1970-71 Scott, CharlieCharlie Scott Escolta Virginia Squires
1970-71 Issel, DanDan Issel Ala-pivote Kentucky Colonels
1971-72 Gilmore, ArtisArtis Gilmore Pivote Kentucky Colonels
1972-73 Taylor, BrianBrian Taylor Base New York Nets
1973-74 Nater, SwenSwen Nater Pivote San Antonio Spurs
1974-75 Barnes, MarvinMarvin Barnes Ala-pivote Spirits of St. Louis
1975-76 Thompson, DavidDavid Thompson Escolta Denver Nuggets

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar