En botánica, amento, chamado popularmente candea[1], é unha inflorescencia tipo acio, xeralmente pénsil, característica de certas árbores, especialmente na subclase Hamamelidae, as familias Salicaceae e Fagaceae. Tamén recibe os nomes comúns de gatiño e flor da trama.

Candeas do castiñeiro.
Un amento macho nun salgueiro (Salix).
Os amentos son típicos de carballos, carballo das Canarias (Quercus canariensis).

O amento consiste nunha espiga articulada polo seu baseamento e composta de flores dun mesmo sexo, pois hai amentos masculinos, máis alongados, e amentos femininos. As flores son simples, sen pétalos nin sépalos, as masculinas fican reducidas aos estames e as femininas ao estigma.

As candeas aparecen na primavera, xeralmente antes que as follas agroman.

Nesta clase de plantas, a polinización é anemófila, isto quere dicir que o transporte do pole, moi abundante, é realizado polo vento.

O pole dalgunhas árbores pode ser, para a especie humana, unha fonte de alerxias.

En Galiza algunhas árbores con candeas son:

Etnoloxía editar

  • Cando n'o castiñeiro vires candèa, lèva ò carneiro a ovella.
  • Candea aberta, seitura certa (Cando o amento do castiñeiro xa está desenvolvido, a sega vén axiña).

Notas editar

  1. Especialmente recibe este nome a flor do castiñeiro, porén designaría por extensión calquera inflorescencia tipo amento. O nome candea viría da semellanza coas candeas da luz. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=candea&tipo_busca=lema