Coordenadas: 16°20′00″S 168°20′00″L / -16.333333333333, 168.33333333333

Ambrym é unha illa e un volcán de Vanuatu, coñecida pola súa actividade volcánica que inclúe a formación de lagos de lava. Nela atópase a montaña Maroum. Preto da illa hai dúas pequenas illas sen nome que albergan as cidades de Liro e Loulep nunha, e noutra as cidades de Holen e Halos.

Ambrym
Localización
Imaxe do Volcán Ambrym lanzando lava e cinzas, 4 de outubro de 2004
Situación
PaísVanuatu
ProvinciaMalampa
ArquipélagoNovas Hébridas
MarOcéano Pacífico
Xeografía
XeoloxíaVolcánica
Superficie677´7 km²
Perímetro125,8 km
Punto máis alto1334 m
Demografía
Poboación7275 hab. (2009)
Densidade10,73 hab./km² hab./km²
Ambrym

Lago de lava no cráter Marum, Ambrym, nunha foto tomada o 24 de setembro de 2009
Localización administrativa
LocalizaciónVanuatu Vanuatu
Características xerais
Altitude1334 m

Etimoloxía editar

Ambrym (tamén coñecida como Ambrin[1]) chámase así polo Capitán Cook, que ancorou alí en 1774. Quere dicir "aquí están os iñames" ("ham rim" na lingua Ranon)[2]

Xeografía editar

Situado preto do centro do longo arquipélago de Vanuatu, Ambrym ten unha forma aproximadamente triangular, de aproximadamente 50 km. de ancho[3] e 677´7 km² de superficie, é a quinta illa máis grande do país.

O cume no centro da illa está dominado por unha caldeira desértica, que abarca unha superficie de 100 km².[Cómpre referencia]

Coa excepción dos asentamentos humanos, o resto da illa está cuberta por espesa selva.

Vulcanoloxía editar

Ambrym é un gran volcán basáltico cunha caldeira de 12 km de ancho, e un dos volcáns máis activos do arco volcánico das Novas Hébridas.

A caldeira é o resultado dunha grande erupción pliniana, que tivo lugar ao redor do 50 AD. A súa forza explosiva ten o Índice de explosividade volcánica 6, o segundo máis alto do Instituto Smithsoniano na lista das maiores erupcións volcánicas da historia xeolóxica recente.[4]

A gran caldeira de 1900 anos de antigüidade 12 km x 8 km ten dous conos volcánicos activos, o Benbow e o Marum (tamén deletreado Maroum).

Mentres que nas elevacións máis altas predominan os conos de cinza, o extremo occidental da illa caracterízase por unha serie de aneis de toba basáltica, das cales o máis grande ten aproximadamente 1 km de diámetro. Estes prodúcense por erupcións freáticas, cando o magma entra en contacto co nivel freático e a auga saturada de sedimentos ao longo da costa.[5]

Varias veces por século, o volcán Ambrym ten erupcións destrutivas.

A última erupción do monte Benbow foi en 1913, provocando a evacuación da poboación a Mele, preto de Port Vila en Efaté.

Demografía editar

Coa veciña illa de Malakula e algunhas illas máis pequenas, Ambrym forma a provincia de Malampa. O seu asentamento máis grande é o pobo de Eas. A poboación segundo o Censo Nacional de Poboación e Vivenda de 2009 era de 7.275 habitantes,[6] viven principalmente das plantacións de coco.

Idiomas editar

 
Un tallista Ambrym, circa 1925

Do mesmo xeito que moitas illas de Vanuatu, Ambrym ten a súa propia Lingua Austronesia. No norte atópase a Lingua Ambrym norte, no sueste a Lingua Ambrym sueste, no sur a Lingua Daakaka, no oeste Lingua lonwolwol, e no suroeste Lingua Port Vato. Todas son faladas duns poucos centos a uns miles de falantes cada unha.

Pequenas illas próximas ao sur editar

  • Paama cas vilas de Liro e Loulep
  • Lopevi cas vilas de Holen e Halos (agora abandonada)

Cidades e pobos editar

Turismo editar

Os turistas séntense atraídos polas características únicas de Ambrym: os volcáns activos, a vexetación tropical, e os costumes dos poboadores locais. Quédanse en bungalows de estilo tradicional, xa que non hai hoteis da illa.

Notas editar

  1. "Ambrim: Vanuatu, name, geographic coordinates and map". Geographical Names. Consultado o 2011-07-29. 
  2. "Ambrim". Destination Vanuatu, South Pacific. Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 2011-07-29. 
  3. "Ambrym Volcano, Vanuatu". John Seach. Consultado o 2011-07-29. 
  4. "Large Volcano Explocivity Index". geographic.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 2011-07-29. 
  5. "Ambrym Volcano, Vanuatu". Countries of the World (en inglés). Consultado o 2011-07-29. 
  6. 2009 National Census of Population and Housing, Vanuatu National Statistics Office

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar