Amaterasu Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. A súa temperatura foi estimada o 5 de marzo de 1979 en 218° kelvins. É un dos accidentes xeolóxicos máis escuros de Ío, e a medición do seu especro termal axudou a rexeita-la correlación entre o albedo e a temperatura dos puntos quentes de Ío.[2] Este cráter aínda se volveu máis escuro dende a primeira vez que a sonda Galileo orbitou ó redor de Xúpiter.[3] Ten uns 100 kms de diámetro é está situado a 38,1° N 306,5° W.[1] O seu nome procede da mitoloxía xaponesa, onde Amaterasu e a deusa do Sol.[1] Ó norte están Kinich Ahau Patera e Dazhbog Patera, e en dirección oeste está Manua Patera e Fuchi Patera.[4]

Ah Peku
Amaterasu Patera, nunha captura de pantalla do programa NASA World Wind.
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Ío
Diámetro 93,1 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 38,13° N 306,53° O[1]
Procedencia do nome Deusa xaponesa do Sol.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Amaterasu Patera". Consultado o 30-07-2010. 
  2. J. C. Pearl (1985). "Io: Amaterasu Patera is Hot" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 17: 691. 
  3. xtec.es (ed.). "Galileo". Arquivado dende o orixinal o 19-12-2005. Consultado o 19-10-2007. 
  4. NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar