Amaral é un conxunto musical zaragozano formado por Eva Amaral (vocalista e compositora) e Juan Aguirre (guitarra). O seu estilo musical poderíase denominar Folk Rock, pero fusionado con ritmos latinos, sintetizadores e con letras de alto contido poético e reivindicador.

Amaral
OrixeZaragoza, Aragón , España
Período1997 - presente
Xénero(s)Folk Rock
Selo(s) discográfico(s)Virgin, EMI
MembrosEva Amaral
Juan Aguirre
Na rede
www.amaral.es
IMDB: nm3269897 Facebook: amaraloficial Twitter: amaraloficial Instagram: amaral.oficial MySpace: amaraloficial Youtube: UCjH_5vNh4ry5FZ9mzfJN8dA Vimeo: amaraloficial Spotify: 4OkeTQCk0fvX6VBYpOOxDi iTunes: 2307408 Last fm: Amaral Musicbrainz: 7a519099-d4c8-46c8-805b-214dab0e58a2 Songkick: 303248 Discogs: 587064 Allmusic: mn0000017857 Editar o valor em Wikidata

Ata 2010, Amaral vendeu máis de 3 millóns de copias dos seus discos. A finais de 2015 publicaron o seu último álbum: Nocturnal. En 2021, o grupo recibiu a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes[1]

Membros editar

Historia editar

1997-2000 editar

O grupo Amaral nace o 1 de xaneiro de 1997. Eva Amaral como vocalista e compositora e Juan Aguirre como guitarrista e compositor. O nome do grupo é o apelido de Eva e foi elixido por Juan.

A súa historia data desde comezos dos anos 90, cando Eva e Juan se coñeceron nun estudio de gravación na cidade de Zaragoza. Eva por aquel entón tocaba cun grupo chamado Bandera Blanca e Juan co grupo Días de vino y rosas, que colaborou para o grupo de Eva nunha canción. Inmediatamente, abrollou unha estreita relación entre ambos. E o que comezou como un "xogo" de tocar, converteuse nunha realidade. No 1997 trasládanse de Zaragoza a Madrid. Ese mesmo ano firman con Virgin-EMI e o 18 de maio de 1998, sae á venda o seu primeiro álbum, de nome homónimo, baixo a produción de Pancho Varona. Cun disco na rúa, Amaral foise abrindo paso entre a escena musical e gañando seguidores por toda a xeografía española.

O seu primeiro álbum lanzou 5 sinxelos: "Rosita", "Voy a acabar contigo", "No sé que hacer con mi vida", "Un día más" e "Tardes". Este álbum vendeu arredor de 70 000 exemplares.

2000-2002 editar

 
Eva Amaral durante unha actuación en directo da súa xira "Estrella de mar" (2002).

No ano 2000, despois de realizar unha xira de presentación co seu primeiro disco e facerse un espazo na escena musical do pop español, Amaral grava en Londres o seu segundo álbum, titulado Una pequeña parte del mundo, baixo a produción de Cameron Jenkins. Un disco máis maduro que contiña 13 cancións: 12 propias do grupo e unha versión da desaparecida Cecilia.

Este segundo álbum lanzou 4 sinxelos: "Cómo hablar", "Subamos al cielo", "Cabecita loca" e "Cómo hablar (versión acústica)". Vendeu 50 000 exemplares.

2002-2004 editar

Dous anos máis tarde, Amaral entra de novo no estudo e novamente, baixo a produción de Jenkins, grava o seu terceiro álbum, de nome Estrella de mar, álbum que se convertería no disco nacional máis vendido en España no 2002. Con el conseguiron unha grande cantidade de premios, entre os que destacan un MTV European Award ao mellor artista español e 5 premios da música. Tamén, con este disco, Amaral salta ao escenario internacional, ao ser editado no 2003, nunha nova versión, en América. Lanzou 6 sinxelos: "Sin ti no soy nada", "Te necesito", "Toda la noche en la calle", "Moriría por vos", "Estrella de mar" e "Salir corriendo". Vendeu 1 000 000 de exemplares.

No 2003, Eva Amaral lánzase ao mundo do cinema como protagonista dunha curtametraxe dirixida por Andreu Castro chamada Flores para Maika, no que dá vida a unha muller que morre en mans da súa parella. A canción "Salir corriendo" formou parte da BSO da película e coincidiu coa saída coma sexto sinxelo.

No verán do 2004, cando Amaral se dispoñía a gravar un novo disco, Juan Aguirre sufriu unha unha forte tendinite na súa man, o que causou, ademais do atraso na gravación, que a súa compañeira Eva fora abreconcertos de Bob Dylan na súa xira por España, cantando varias cancións ela soa e noutras acompañada polo seu compañeiro musical cunha harmónica, pois Juan Aguirre non podía tocar a guitarra.

Finalmente en novembro dese ano, Eva e Juan parten a Londres onde no Eden Studios, baixo a produción de Cameron Jenkins, gravan o seu cuarto álbum, titulado Pájaros en la cabeza. Con 14 novas cancións, Eva e Juan regresan á música recargados de pop e rock nestas noevas cancións.

 
Eva Amaral, en concerto en Fuenlabrada, Madrid (2004)

2005-2006 editar

Pájaros en la cabeza sae á venda o 14 de marzo de 2005 e, en xuño, comeza a súa xira en Salamanca, que recorrería toda España, até mediados do mes de outubro en España, facendo escalas en México e a Arxentina. Durante esta xira, Amaral detense o 15 de setembro en Barcelona para gravar o concerto e editalo en DVD, o cal sairía á venda o 28 de novembro dese mesmo ano baixo o nome de El comienzo del Big Bang.

Pájaros en la cabeza foi o disco máis vendido en España no 2005, segundo a SGAE.[2]

O disco vendeu máis de 600 000 copias en todo o mundo e lanzou 5 sinxelos: "El universo sobre mí", "Días de verano", "Marta, Sebas, Guille y los demás", "Resurrección" e "Revolución". Ademais soaron na radio as colaboracións con Chetes e Moby). No verán do 2006, gravan unha versión do tema "Si tú no vuelves", orixinal de Miguel Bosé, ao carón do mexicano Chetes. Esta canción formou parte da banda sonora da película mexicana "Efectos secundarios". En setembro do 2006, Pájaros en la cabeza foi reeditado en México na versión orixinal CD+DVD, incluíndo "Si tú no vuelves", que apareceu como 4º sinxelos para este país.

En decembro do 2006, Amaral lanzou ao mercado unha edición especial de toda a súa discografía, incluíndo Amaral, Una pequeña parte del mundo, Estrella de mar, Pájaros en la cabeza e o DVD El comienzo del Big Bang, baixo o título de Amaral Edición Especial Navidad, a cal inclúe as partituras de tódalas cancións, así como material extra para os fans. Vendeu 40.000 copias.

2007 editar

Durante o ano 2007, Eva e Juan preparan devagar a composición de novas cancións, que han formar parte do seu novo disco.

2008 editar

Eva e Juan comezaron o ano cunha versión de "A Hard Rain's a-Gonna Fall" de Bob Dylan, canción promocional para a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 que se celebrará en Zaragoza. A súa versión chámase "Llegará la tormenta". Eva e Juan fixeron un concerto improvisado o día 3 de marzo cara ás 23 horas na Praza de España de Zaragoza, sen escenario e sobre la beirarrúa, inmediatamente despois da saída á venda das entradas do concerto que terá lugar no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza o 12 de xuño. Era unha maneira de agradece-lo apoio aos seus seguidores máis fieis. Neste breve concerto rueiro, Amaral tocaron en directo por primeira vez "Llegará la tormenta".

O 27 de maio de 2008 sae á venda o quinto álbum de estudio do dúo zaragozano ao que titularon Gato negro◆Dragón rojo, con 19 cancións e que ten como primeiro sinxelo "Kamikaze". Outra canción incluída no álbum é "El artista del alambre" que Eva e Juan escribiron para a película Fuera de Carta.

O grupo zaragozano xa confirmou que o seu primeiro concerto da xira 2008 será na súa terra, en Zaragoza, e será durante a inauguración da Expo 2008 que se celebra nesta cidade.

Ademais, participaron o 27 de xuño participarán nun concerto benéfico, organizado pola Fundación 46664, que se realizou en Hyde Park (Londres), onde Amaral compartiu cartel con grupos como Simple Minds, Annie Lennox, Queen (con Paul Rodgers), Sugababes, Razorlight, e Zuccero entre outros artistas. Os beneficios destináronse á loita contra a sida.

2010-Presente editar

O 27 de outubro de 2010, o Ministerio de Cultura de España outorga o II Premio Nacional das Músicas Actuais 2010 a Amaral pola súa "contribución á renovación do panorama musical actual".

Despois de varios concertos acústicos, o 27 de setembro de 2011 publican un novo álbum: Hacia lo salvaje, que consta de 12 cancións.

En 2014 anunciaran que en outubro de 2014 sairía o novo álbum, polo que presentaron a canción "Ratonera" como adianto, cun polémico vídeo que criticaba a vida política española. Finalmente o novo álbum atrasaríase un ano, o foi publicado o 30 de outubro de 2015 e tería por título "Nocturnal". O primeiro sinxelo do álbum foi publicado o 16 de setembro de 2015 e leva por título "Llévame muy lejos".

Discografía editar

Álbums editar

DVDs editar

Premios editar

Ano Categoría Premio
2002 Mellor grupo Español MTV Europe Music Awards
2003 Mellor autor revelación Premios da Música
2003 Mellor artista revelación Premios da Música
2003 Mellor canción por "Sin ti no soy nada" Premios da Música
2003 Mellor canción de pop por "Sin ti no soy nada" Premios da Música
2003 Mellor álbum pop por "Estrella de mar" Premios da Música
2005 Mellor álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios da Música
2005 Mellor videoclip por "Días de verano" Premios da Música
2005 Mellor canción por "Días de verano" Premios da Música
2005 Mellor álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios Ondas da Música
2005 Mellor Grupo Premios EñE
2005 Mellor Álbum por "Pájaros en la cabeza" Premios EñE
2005 Mellor difusión da música aragonesa Premios da Música Aragonesa
2008 Mellor grupo Español MTV Europe Music Awards
2008 Mellor canción por "Kamikaze" Premios Ondas da Música
2009 Mellor grupo Premios da Música Aragonesa
2009 Mellor Directo Premios da Música Aragonesa
2009 Mellor álbum por "Gato negro-Dragón rojo" Premios da Música
2010 Premio á Mellor Produción Musical Audiovisual Premios da Música
2010 Premio ao Mellor Directo Premios da Música Aragonesa
2010 Premio Nacional das Músicas Actuais Ministerio de Cultura de España
2011 Mellor canción por Hacia lo Salvaje Premios Rolling Stone
2011 Premio á traxectoria Premios Emoción
2011 Mellor directo O disco do Ano (RTVE)
2012 Mellor directo Premios da Música Aragonesa
2012 Mellor álbum nacional Premios Shangay

Notas editar

  1. Ministerio de Cultura y Deporte: "Real Decreto 1206/2021, de 28 de diciembre, por el que se concede la Medalla al Mérito en las Bellas Artes, en su categoría de oro, a las personas y entidades que se relacionan." (PDF) (312). Madrid. 29 de diciembre de 2021: 166601 a 166602. Consultado o 29 de diciembre de 2021. 
  2. Lorenci, Miguel (24 de xaneiro de 2006). "Amaral encabeza la lista de discos más vendidos, con Melendi en el noveno puesto". elcomercio.es (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar