Amar en tiempos revueltos

telenovela española

Amar en tiempos revueltos é unha telenovela ambientada na época da guerra civil española e nos primeiros anos do franquismo. Está inspirada pola serie de TV3 Temps de Silenci, producida tamén por Diagonal TV. Empezou a emitirse en La 1 diariamente desde o 27 de setembro de 2005 e durante sete anos permaneceu en emisión ata o 16 de novembro de 2012.

Amar en tiempos revueltos
FormatoTelenovela
Creado porJosep Maria Benet i Jornet
Tema de apertura«Amar en tiempos revueltos» (por Mónica Molina)
«Volver a comenzar» (por Nuria Fergó)
«Volver a comenzar» (por Mónica Molina)
País de orixeEspaña
Episodios1.716
Produción
Duración60 min
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio26 de setembro de 2005
Derradeiro episodio16 de novembro de 2012
Na rede
http://www.rtve.es/television/amarentiemposrevueltos.shtml
IMDB: tt0472642 Filmaffinity: 175138 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A primeira tempada ambientábase nos sucesos que ocorreron entre os anos 1936 e 1945. A segunda tempada comprende o período de 1945 a 1948. A terceira comeza no verán de 1948, a cuarta transcorre a partir de 1950 e a quinta tempada comeza o 1 de abril de 1952. A sexta tempada ten lugar durante os anos 1954 e 1955 e a sétima tempada comeza en xullo de 1956 e esténdese ata o ano 1957.

En 2012, a produtora Diagonal TV rompeu o acordo que mantiña con Televisión Española.[1] Este feito provocou que a serie orixinal finalizase en TVE e que se crease un spin off titulado Amar es para siempre, que iniciou a súa emisión o 14 de xaneiro de 2013 na cadea privada Antena 3.[2]

Tempadas editar

Elenco editar

Capítulos e audiencias editar

Tempada Capítulos Época Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 199 1936 - 1945 27 de setembro de 2005 26 de xuño de 2006 2 108 000
21,1%
2 221 1945 - 1948 11 de setembro de 2006 20 de xullo de 2007 2 100 000
18,8%
3 258 1948 - 1950 29 de agosto de 2007 3 de setembro de 2008 2 331 000
20,5%
4 255 1950 - 1952 4 de setembro de 2008 27 de agosto de 2009 2 669 000
23,0%
5 256 1952 - 1953 28 de agosto de 2009 3 de setembro de 2010 2 844 000
23,1%
6 261 1955 - 1956 6 de setembro de 2010 2 de setembro de 2011 2 759 000
21,7%
7 256 1956 - 1957 5 de setembro de 2011 15 de novembro de 2012 2 746 000
21,3%
Total 1.706 1936 - 1957 2005 2012 2 522 000 21,4%
     Programa líder na súa franxa horaria.
     Máximo histórico de audiencia.

Premios e candidaturas (16 & 18) editar

  • Premios TP de Oro:
    • 2005, 2006 e 2007
      • Candidatura á Mellor Telenovela
    • 2008, 2009, 2010 e 2011
      • Mellor Telenovela
  • Premios da Unión de Actores:
    • 2005
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Pilar Barrera
      • Candidatura á Mellor actor secundario: Hector Colomé
    • 2006
      • Candidatura á Mellor actriz protagonista: Ana Otero
    • 2007
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marta Calvó
      • Mellor actriz secundaria: Ana Villa
      • Mellor actor secundario: José Luis Alcobendas
      • Candidatura ó Mellor actor secundario: Satur Barrios
    • 2008
      • Mellor actriz secundaria: Ana Labordeta
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Marina San José
      • Candidatura ó Mellor actor secundario: Ángel Pardo
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Saturna Barrio
    • 2009
      • Candidatura ó Mellor actor secundario: Javier Collado
      • Candidatura á Mellor actriz secundaria: Pepa Pedroche
  • Premios da Academia de Televisión:
    • 2006
      • Candidatura ó Mellor Programa de Ficción
      • Candidatura ó Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
      • Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
    • 2007
      • Mellor Maquillaxe e Caracterización para Paloma Buendía
      • Mellor Dirección de Arte e Escenografía para Marcaelo Pacheco e Virginia Flores
    • 2008
      • Candidatura ó Mellor Guión para Macu Tejera, Virginia Yagüe, Antonio Prieto, Sergio Barrejón, Mercedes Cruz, Nacho Faerna e Julia Altares
      • Mellor Música para Televisión para Pedro Martínez López
  • Premio Turia 2005: Mellor serie nacional
  • Premio Ondas 2008: Mellor serie nacional
  • Festival de Nueva York 2007: Medalla de Prata na categoría de drama.
  • 48 edición dos Premios de Montecarlo 2008: Finalista na categoría de drama. As candidaturas incluíron ós protagonistas da serie -actores nomeados (Carlos García, Antonio Valero, Nacho López, Manu Baqueiro) e Actrices nomeadas (Sara Casasnovas, Marta Calvo, Ana Villa, Itziar Miranda)- e á produción (Jaume Banacolocha e Joan Bas).
  • Aguia de Ouro no XX Festival Internacional de Curtametraxes de Aguilar de Campóo 2008, pola acertada recreación dunha época decisiva na historia recente de España, así como a oportunidade que ofreceu a moitos rapaces intérpretes que puideron inicia-la súa traxectoria nesta serie.
  • Premio do Xurado Pyrénées D'Or á "Mellor película estranxeira" polo dobre capítulo "Flores para Belle" no XI Festival International de Films de Television e Internet de Luchon 2009
  • Premio Lesgai de TV para Marina San José e Carlota Olcina no Festival Internacional de cine lésbico e gai de Madrid 2010.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar