Alzamento Feniano

O Alzamento Feniano (en inglés, Fenian Rising; en gaélico irlandés, Éirí Amach na bhFiann), foi unha sublevación nacionalista irlandesa contra a dominación británica acontecida en 1867 e organizada pola Irmandade Republicana Irlandesa.

Viñeta referida aos acontecementos aparecida no magazine Punch.

Historia editar

Despois da supresión do xornal irlandés Irish People en 1866 o resentimento entre a resistencia irlandesa contra o invasor británico foi en aumento. En consecuencia, o líder da Irmandade James Stephens viaxou aos Estados Unidos co obxecto de recadar fondos para un alzamento no ano seguinte.

Porén, o alzamento careceu dunha organización axeitada. Iniciouse cunha rebelión en Kerry no mes de febreiro, coa intención de ampliala a nivel nacional, incluíndo a toma de Dublín en marzo. Pero a insurrección non acabou de tomar forma e a maior parte dos seus líderes foron detidos a tempo polos ingleses. Aínda que moitos deles foron condenados a morte, as execucións non chegaron a producirse. Aos arrestos seguiron varias accións armadas dos fenianos en solo inglés, que consistiron no estoupido dunha bomba en Londres e no ataque a un cárcere de Manchester, onde tres rebeldes, coñecidos como os Mártires de Manchester, foron executados. Unha serie de incursións no Canadá por simpatizantes residentes nos Estados Unidos, con escaso éxito, completaron o panorama da revolta.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar