Alton Lister

baloncestista estadounidense

Alton Lavelle Lister, nado o 1 de outubro de 1958 en Dallas, Texas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que disputou 16 tempadas na National Basketball Association (NBA), ademais de ter unha breve incursión na liga italiana (LEGA). Con 2,13 metros de estatura xogaba na posición de pivote.

Alton Lister
Posición Pivote
Dorsal 53
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 108 kg (238 lb)
Nacemento 1 de outubro de 1958 (65 anos)
Dallas, Texas
Carreira
Universidade Arizona State
NBA Draft 1981 / Rolda: 1 / Elección: 28
Por Milwaukee Bucks
Tempadas 19811998
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     6 298
Rebotes     5 996
Tapóns     1 473
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  • Ningún premio notable

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos Sun Devils da Universidade Estatal de Arizona, nas que tivo unha media de 12,0 puntos, 8,2 rebotes e 1,8 tapóns por partido.[1] Foi convocado pola selección de Estados Unidos para disputar os Xogos Olímpicos de Moscova de 1980, aos que finalmente o seu país non acudiu a causa do boicot.[2]

Profesional editar

Foi elixido na vixésimo primeira posición do Draft da NBA de 1981 por Milwaukee Bucks,[3] onde se converteu nun especialista defensivo. No seu segundo ano como profesional, na tempada 1982-83, entrou por primeira e única vez na súa carreira nas votacións para elixir o MVP da NBA, quedando en décimo quinta posición,[4] grazas a unhas medias de 8,4 puntos, 7,1 rebotes e 2,2 tapóns por partido.[5]

As dúas seguintes tempadas converteríase no pivote titular dos Bucks, aparecendo sempre entre o dez mellores taponadores da liga. Na tempada 1985-86 perdería tal condición en favor de Randy Breuer, sendo traspasado ao ano seguinte a Seattle SuperSonics xunto con dúas futuras primeiras roldas do draft a cambio de Jack Sikma e dúas segundas roldas.[6] A súa primeira tempada cos Sonics foi a mellor da súa carreira no que a estatísticas se refire, facendo 11,6 puntos e 9,4 rebotes por noite.[7] Tras dúas tempadas máis a un bo nivel, en 1989 foi traspasado a Golden State Warriors a cambio dunha futura primeira rolda do draft, que acabaría sendo Gary Payton.[6]

A súa primeira tempada cos Warriors pasouna practicamente en branco, debido a unha lesión, xogando tres tempadas máis, nas cales foi perdendo protagonismo paulatinamente, até ser despedido en marzo de 1993.[6] Decidiu entón probar fortuna na liga italiana, fichando polo Recoaro Milano, pero unicamente disputou tres partidos, nos que fixo 5,3 puntos e 6,6 rebotes.[8] Tras esa breve experiencia internacional, regresou ao seu país, asinando de novo cos Milwaukee Bucks como axente libre, onde xogou tempada e media antes de ser traspasado a Boston Celtics xunto con Todd Day a cambio de Sherman Douglas.[6] Alí dedicouse durante dúas tempadas a dar minutos de descanso a Dino Radja, ata que os Celtics renunciaron aos seus dereitos. Xa con 39 anos, na tempada 1997-98 asinou con Portland Trail Blazers, onde xogaría os seus últimos sete partidos como profesional, facendo 0,9 puntos e 1,6 rebotes.[9] No total da súa longa carreira como profesional fixo unha media de 6,6 puntos, 6,3 rebotes e 1,5 tapóns por partido, cifra esta última que o sitúa entre os 40 mellores taponadores da historia da NBA.[10]

Notas editar

  1. Ficha de McGee en TDR
  2. "Player bio: Alton Lister". Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  3. 1981 NBA Draft
  4. "1982-83 NBA Awards Voting". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  5. "1982-83 Milwaukee Bucks Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Alton Lister Transactions". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  7. "1986-87 Seattle Supersonics Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  8. Estatísticas de Lister na liga italiana[Ligazón morta]
  9. "1997-98 Portland Trail Blazers Roster and Statistics". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  10. "Career Leaders and Records for Blocks Per Game". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar