Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade

O Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR ou ARAEPS), coñecido tamén polos medios como o Alto Representante, Mr. PESC ou ministro de Asuntos Exteriores da Unión (segundo a terminoloxía da frustrada Constitución Europea) é o alto funcionario europeo encargado de dirixir e executar toda a política exterior da Unión Europea. A creación deste cargo constitúe unha das principais innovacións institucionais do Tratado de Lisboa, que busca dar lugar a unha maior coherencia, influencia e visibilidade á Unión Europea no escenario internacional e máis peso nas súas relacións con outros países e organismos institucionais.

Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
AcrónimoHR, HV e HR/VP
Tipocargo
Campo de traballoPolítica Externa e de Segurança Comum da União Europeia
Data de fundación1 de decembro de 2009
Na rede
https://eeas.europa.eu/headquarters/headquarters-homepage/3598/high-representativevice-president
Twitter: eu_eeas Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Alto Representante é o xefe da diplomacia comunitaria, coordina a acción exterior da Unión no seo da Comisión Europea como un dos seus vicepresidentes e é o encargado das relacións internacionais. Como mandatario do Consello, dirixe e executa a política exterior e de seguridade común da Unión (incluíndo a política común de seguridade e defensa), é xefe e dirixe o Servizo Europeo de Acción Exterior, en proceso de construción.

Na actualidade este cargo está ocupado pola socialista británica Catherine Ashton, que xunto co Consello velará pola unidade, coherencia e eficacia da Unión Europea. É asistida polos servizos da Comisión e do Consello, onde preside a formación de asuntos exteriores.

Lista de Altos Representantes editar

Lenda:   [     ] (Partido Socialista Europeo) - [     ] Independente - [     Partido Popular Europeo

Alto Representante Inicio de mandato Fin de mandato Nacionalidade, posto anterior
e profesión
Partido político
(Europeo-Nacional)
Foto
TrumpfJürgen Trumpf 1 de maio de 1999 18 de outubro de 1999   Alemaña
Secretaría Xeral do Consello da Unión Europea
Filólogo
Independente
SolanaJavier Solana 18 de outubro de 1999 1 de decembro de 2009   España
Secretario Xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte
Catedrático de Física do Estado Sólido
Partido Socialista Europeo
Nacional: Partido Socialista Obrero Español
 
AshtonCatherine Ashton 1 de decembro de 2009 No cargo   Reino Unido
Comisaria de Comercio
Socióloga
Partido Socialista Europeo
Nacional: Partido Laborista
 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar