Alpha Regio é unha rexión do planeta Venus que ten máis de 1300 quilómetros de diámetro[2] e que está centrada nas coordenadas 25,5° S 0,3° E[1]. Foi descuberta e bautizada por Dick Goldstein no ano 1964.[3] O nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional entre os anos 1976 a 1979.[4] Os Maxwell Montes, Alpha Regio, e Beta Regio son as únicas tres excepcións á regra de que tódolos accidentes xeolóxicos de Venus levan nomes femininos, xa sexan de deidades femininas ou mulleres famosas.

Alpha Regio
A imaxe amosa unha porción de Alpha Regio nunha perspectiva en 3D.
Tipo de accidente xeolóxico Regio
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 1897 km [1]

1.300 km [2]

Altitude 1–2 km
Coordenadas 25,5° S 0,3° E[1]

A superficie da rexión é coñecida coma Tessera, este tipo de terreo está moi deformado e as fisuras que percorreren este tipo de terreos van en tódalas direccións e están moi pouco distanciadas entre si, dándolle ó terreo un aspecto de mosaico ou parquet; o termo provén do grego, que significaría “baldosa” ou laxa (lousa) e foille asignado polos investigadores asignados ó programa da Venera 15 e Venera 16 (as imaxes amosaban un terreo semellante o parquet dos pisos). Coma tódalas rexións de tipo tessera, está rexión está por elevada sobre as rexións circundantes, cunha elevación de entre 1–2 km, está tamén fortemente deformada polo que semella unha acción de pregamento por contracción. Tamén cabe subliñar, que coma en moitas rexións do tipo tessera, as planicies volcánicas circundantes semellante ter fluído ó redor das marxes da Alpha Regio, o cal significaría que está planicies son máis novas que Alpha Regio.

No mapa infravermello feito pola sonda orbital Venus Express, pódese apreciar que as rochas da planicie de Alpha Regio son máis brillantes e semellan ser máis vellas, comparadas coa meirande parte do planeta. Na terra, este tipo de rochas brillantes no infravermello, son normalmente de granito e forman parte dos continentes.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Regio, regiones: Alpha Regio on Venus". Arquivado dende o orixinal o 14-12-2012. Consultado o 20-01-2012. 
  2. 2,0 2,1 NASA/JPL. "Venus - Three-Dimensional Perspective View of Alpha Regio". Consultado o 20-01-2012. 
  3. Butrica, Andrew J., SP-4218 To See the Unseen, Chapter 5: Normal Science Arquivado 25 de decembro de 2017 en Wayback Machine., NASA, 1996
  4. Butrica, Andrew J., SP-4218 To See the Unseen, Chapter 6: Pioneering on Venus and Mars Arquivado 25 de decembro de 2017 en Wayback Machine., NASA, 1996
  5. "New map hints at Venus' wet, volcanic past | International Space Fellowship". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar