Alonso é un nome masculino e apelido castelán de orixe xermana. Provén do xermánico Adelfuns, composto por unha raíz gótica ath-, que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). No castelán deu Alonso, no francés Alphonse (e de aí veu a súa reintrodución ó castelán como Alfonso, trala entronización dos Borbóns en España) e no galego e no portugués Afonso. En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente a forma castelanizada ca a propia [1]

Ao se tratar dun patronímico moitos fidalgos colleron como apelido o nome de sei pai, polo que todos os Alonso non teñen a mesma orixe. As orixes máis antigas fican en Burgos, Asturias e Galicia. De aí se estenderon ao resto da península na reconquista e de aí a América. As rexións con máis concentración de Alonsos son Asturias e Cantabria.

Persoeiros galegos editar

Nome editar

  • Alonso II de Fonseca, Alonso de Acevedo e Fonseca (? - † Santiago de Compostela 1512 ), foi arcebispo de Santiago de Compostela durante o século XV.
  • Alonso III de Fonseca, Alonso de Fonseca e Ulloa, (Santiago de Compostela en 1475), relixioso galego, arcebispo de Compostela e de Toledo.
  • Afonso de Lanzós nobre e dirixente irmandiño do século XV.

Apelido editar

  • Xesús Alonso Montero, ensaísta , membro da RAG e do CCG e catedrático de Literatura galega, nado en Vigo en 1928.
  • Antón Alonso Ríos, Antón Hipólito Alonso Ríos, mestre, escritor, líder agrarista e político galego nado en Camporrapado, Cortegada , Silleda en 1887 e finado en 1980.
  • Fran Alonso, Francisco Alonso Villaverde, escritor e filólogo galego, nado en Vigo en 1963.
  • Eduardo Alonso, Eduardo Alonso Rodríguez, director teatral e enxeñeiro técnico naval nado en Vigo en 1948.
  • Eliseo Alonso, Eliseo Alonso Rodríguez, escritor galego en galego e castelán, nado en Goián (Tomiño) en 1924 e finado na Habana en 1996.
  • Pedro Alonso, actor galego nado en Vigo en 1972.
  • Luís Alonso Girgado, editor, escritor, investigador e tradutor galego nado en Ferrol en 1946.
  • Xurxo Alonso, pintor e escritor galego nado en Bos Aires, Arxentina, en 1956.

Outros persoeiros editar

Nome editar

Apelido editar

Toponimia editar

Miscelánea editar

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. Boullón Agrelo, A. I. / F. R. Tato Plaza (1999): Alonso e Montero: estudio antroponímico, en R. Álvarez / Dolores Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Univ. de Santiago de Compostela. Santiago, vol. I, 265-293. <http://books.google.es/books?id=kh2FFzCqBgUC&pg=PA265&hl=es&source=gbs_toc_r&cad=4#v=onepage&q&f=false>.