Almuñécar

concello español, na provincia de Granada

Almuñécar é un municipio da provincia de Granada, en Andalucía. Limita cos concellos granadinos de Otívar, Jete, Ítrabo e Salobreña, e co malagueño de Nerja. Está composto por tres núcleos de poboación: Almuñécar, La Herradura e Velilla-Taramay.

Modelo:Xeografía políticaAlmuñécar
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°44′02″N 3°41′28″O / 36.733888888889, -3.6911111111111Coordenadas: 36°44′02″N 3°41′28″O / 36.733888888889, -3.6911111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada Editar o valor em Wikidata
CapitalAlmuñécar Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación27.305 (2023) Editar o valor em Wikidata (327,56 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie83,36 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Altitude24 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataTrinidad Herrera Lorente (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal18... e 18690, 18697 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE18017 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webalmunecar.es Editar o valor em Wikidata

É un importante centro turístico, localizado entre o mar Mediterráneo e a montaña, así como un importante produtor de froitas subtropicais como o aguacate, chirimoia, manga ou kiwis.

Está atravesado polos ríos Verde e Seco.

Historia editar

Os primeiros asentamentos teñen lugar hai uns 3.500 anos, cos poboadores da cultura argárica da idade de Bronce. A finais do século IX a. de C. os indíxenas recibiron a colonización fenicia, creando as estruturas urbanas da colonia de Ex, de tal forma que, cando a finais do século III a. de C. chegaron os romanos, encontraron unha cidade ben estruturada, cunha puxante economía baseada na salga do peixe e con moeda propia. A vila foi remodelada, coa construción de templos, teatro e acuedutos, propios do municipio de dereito latino Sexi Firmum Iulium.

En tempos de al-Ándalus, o viaxeiro al-Idrisi fai mención das ruínas de construcións anteriores. Coa chegada de Abderramán I no 755, Almuñécar pasou a pertencer, segundo a división administrativa dos musulmáns, á cora de Elvira.

Nese momento Almuñécar era un punto forte na costa: posuía un hins ou castelo, aínda que ata o século XI non se pode falar dela como cidade ou medina. Producía cana de azucre, plátanos, pasas, cereais, todo tipo de froitos e case tódolos xeógrafos sinalan a boa pesca que se obtiña nas súas augas. A cidade dispuña de porto, arrabaldes ou barrios extramuros, mercados e unha mesquita maior.

Durante o período no que o territorio de al-Ándalus estivo dividido en diversas taifas, Almuñécar dependeu da de Granada, consolidándose como a principal cidade costeira do seu reino.

Durante o reino nazarí foi un dos núcleos máis importantes, xunto co resto dos lugares do seu distrito: Cázulas, Lentegí, Turillas, Otívar e Jete, a desaparecida alquería de Budíjar, Ítrabo e Jate (cerca de Moscaríl), sendo moi visitada pola realeza que pasaba épocas na residencia real.

Trala caída de Baza en 1489, a Costa de Granada rendeuse ás tropas castelás en decembro dese mesmo ano, baixo as capitulacións asinadas en Almuñécar.

O escudo de armas da cidade, constituído polas cabezas de tres piratas berberiscos que flotan no mar, foi un regalo do rei Carlos I.

 
Mariña do Leste
 
Igrexa de Almuñécar

O 21 de setembro de 2007 caeu unha tromba de auga na que se chegaron a contabilizar uns 180 l/m², provocando un morto e cuantiosos danos[1].

Nomes históricos do municipio editar

O nome antigo do municipio é Sexi, nome da cidade como colonia fenicia e mantido baixo dominio romano. o actual nome procede de Hins-al-Monacar ("rodeada de montañas"), nome dado polos musulmáns ó volver a levantala das súas ruínas no século VIII.

Notas editar

  1. "Hallan muerto al desaparecido por la tromba de agua en Granada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2008. Consultado o 24 de xullo de 2008. 

Ligazóns externas editar