A palabra almicántara ou almicantarat, do árabe clásico almuqanṭarāt, é un substantivo masculino (almicantarat), aínda que pode usarse tamén en xénero feminino (almicántara), co que se designa en astronomía cada un dos círculos imaxinarios paralelos ao horizonte que se supoñen descritos na esfera celeste para determinar a altura ou a depresión dos astros. Dúas estrelas que se atopan no mesmo almicantarat teñen a mesma Altura (astronomía)

A esfera celeste co almicantarat en liña vermella a trazos.

Almicantarat do Sol editar

O almicantarat plano que contén o Sol utilízase en enxeñería ambiental para caracterizar a dispersión dos aerosois. Para levar a cabo as medidas utilízase ou ben un espectrorradiómetro ou ben un fotómetro e tómanse a ambos lados do sol e en varios ángulos.

Existen varios modelos para obter propiedades dos aerosois do almicantarat do Sol. Os máis relevantes foron desenvolvidos por Oleg Dubovik (usado na rede AERONET da NASA)[1] e por Teruyuki Nakajima (chamado SKYRAD.PACK ).

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Adelaide Observatory: Almucantar graphs of hour angles, Adelaide, R. E. E. Rogers, Govt. printer, 1927.
  • Chandler, Seth Carlo, (1846–1913): The almucantar, Cambridge, J. Wilson and Son, 1887.
  • Dubovik, O. and M. D. King, 2000: A flexible inversion algorithm for retrieval of aerosol optical properties from Sun and sky radiance measurements," Journal of Geophysical Research, 105, 20 673-20 696
  • Nakajima T, Tonna G, Rao RZ, et al.:Use of sky brightness measurements from ground for remote sensing of particulate polydispersions, Applied Optics 35 (15), 2672–2686, 1996