Aljos Farjon

botánico neerlandés


Aljos Farjon, nado en 1946, é un botánico e artista ilustrador neerlandés, que está considerado como o taxónomo máis importante do mundo das coníferas.

Infotaula de personaAljos Farjon
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
ResidenciaMiddlesex (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Utrecht Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , taxonomista , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaFarjon Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo a licenciatura en bioloxía pola Universidade de Utrecht.[1] Entre 1996 e 2006 foi botánico activo investigador no herbario do Real Xardín Botánico de Kew, dedicándose a investigacións, principalmente das especies de ximnospermas da subclase das coníferas.

Actualmente é investigador asociado honorario de Kew, e colaborador habitual de revistas científicas botánicas.

Publicou once textos ricamente ilustrados cos seus propios debuxos.

Desde 1995 Aljos Farjon ocupa o cargo de presidente do grupo de especialistas en coníferas da Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais. O seu proxecto máis recente, xa concluído, foi avaliar todas as coníferas con datos deficientes (DD) (un 10 % do número total de taxons por debaixo do xénero, un total de 80 especies, subespecies e variedades). Como resultado, sesenta destes taxons teñen agora completa información na UICN, e só 20 seguen a ser DD.[2]

Ademais do seu interese nas coníferas, Farjon está interesado tamén na evolución, taxonomía e ecoloxía das ximnospermas.[3]

No seu tempo libre, Farjon goza das viaxes na natureza, da fotografía, da historia europea e lendo non ficción.[3]

Algunhas publicacións editar

  • Pines: Drawings and Descriptions of the Genus Pinus (1984). Leiden: E. J. Brill. ISBN 9-0040-7068-0. (2ª ed. Brill Academic Publ., 2005, ISBN 9-0041-3916-8.)
  • A bibliography of conifers: selected literature on taxonomy and related disciplines of the Coniferales (2005). 2ª ed. ilustrada. Richmond, Gran Londres, Royal Botanic Gardens Kew.
  • Regnum Vegetabile: A Guide to the Location and Contents of the World's Public Herbaria... A bibliography of conifers: selected literature on taxonomy and related disciplines of the coniferales (1990). Vol. 122. Oberreifenberg, Alemaña: Koeltz. ISBN 3-8742-9306-8.
  • Pinaceae, Drawings and Descriptions of the Genera Abies, Cedrus, Pseudolarix, Keteleeria, Nothotsuga, Tsuga, Cathaya, Pseudotsuga, Larix and Picea (1990). Regnum Vegetabile 121. Köningstein, Namibia: Koeltz Scientific Books. ISBN 3-8742-9298-3.
  • Pinus (Pinaceae) (1997), en Flora Neotropica, Monograph 75. Nova York: The New York Bot. Garden. ISBN 0-8932-7411-9.
  • World Checklist and Bibliography of Conifers (1998). Kew Publishing. ISBN 1-8424-6025-0.
  • Pinus (Pinaceae). Flora Neotropica 75 Monograph Series (1999). Organization for Flora Neotropica. ISBN 0-8932-7411-9.
  • Conifers: Status Survey and Conservation Action Plan (1999). Iucn/Ssc Action Plans for the Conservation of Biological Diversity. Ed. ilustrada da IUCN. ISBN 2-8317-0465-0. Ler en liña.
  • A Bibliography of Conifers (2005), 2ª ed. Kew Publ. ISBN 1-8424-6120-6.
  • A monograph of Cupressaceae and Sciadopitys (2005). Ed. ilustrada. Royal Botanic Gardens, Kew ISBN 1-8424-6068-4.
  • Pines: drawings and descriptions of the genus Pinus (2005). 2ª ed. ilustrada. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0040-7068-4.
  • A Natural History of Conifers (2008). Portland, Oregón, USA: Timber Press. ISBN 978-0-8819-2869-3.
  • A handbook of the world's conifers (2010). 2 vols. Leiden: Koninklijke Brill. ISBN 978-9-0474-3062-9.

Honores editar

É membro da Sociedade linneana de Londres e da Royal Horticultural Society de Londres.

Abreviatura editar

A abreviatura Farjon emprégase para recoñecer a Aljos Farjon como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.

Notas editar

  1. Ficha en Kew.
  2. Conifer Specialist Group chair: Aljos Farjon en SSC Specialist Group da UICN.
  3. 3,0 3,1 Aljos Farjon Arquivado 11 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. en Timber Press.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar