Alice Prin

pintora francesa

Alice Ernestine Prin, coñecida como Kiki de Montparnasse ou a Raíña de Montparnasse, nada en Châtillon-sur-Seine o 2 de outubro de 1901 e finada en Sanary-sur-Mere o 29 de abril de 1953, foi unha modelo, actriz, cantante e pintora francesa, musa de moitos artistas internacionais de comezos do século XX. A súa fama comezou no París da década de 1920, á vez que ela axudou a definir a súa cultura liberada e bohemia. En 1996, os biógrafos Billy Klüver e Julie Martin, a nomearon "unha das primeiras mulleres realmente independentes do século".

Infotaula de personaAlice Prin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Alice Ernestine Prin Editar o valor em Wikidata
2 de outubro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Châtillon-sur-Seine, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 1953 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
VII Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière parisien de Thiais (en) Traducir (1953–1974)
Cemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , cantante , bailarina , modelo artístico , pintora , modelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e Batería Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0452816 Allocine: 5841 Allmovie: p375322
Musicbrainz: f784dc1d-6be3-4538-9b16-5134fb6d872c Find a Grave: 8954868 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Alice Prin naceu en Châtillon-sur-Seine, Côte-d'Or, Borgoña. Como filla ilexítima, foi criada na pobreza pola súa avoa. Ós doce anos foise a vivir coa súa nai a París, para poder atopar traballo. Ó principio traballou en tendas e panaderías, até que ós catorce anos comezou a posar núa para escultores, o que lle creou un problema coa súa nai.

O comezo da súa fama editar

Kiki converteuse nunha imprescindíbel na escena social de Montparnasse e nunha popular modelo, posando para artistas do talle de Chaim Soutine, Tsuguhara Foujita, Francis Picabia, Jean Cocteau, Alexander Calder, Per Krohg, Hermine David, Pablo Gargallo, Mayo e Tono Salazar. Moise Kisling pintou un retrato de Kiki titulado Nu assis, un dos seus cadros máis coñecidos.

Man Ray, o seu compañeiro na maior parte da década de 1920, a retratou en centos de ocasións. Ela é o motivo dalgunhas das súas mellores imaxes, incluíndo Le violon d'Ingres e Noire et blanche.

Éxito artístico e autobiografía prohibida editar

Sendo xa pintora por dereito propio, en 1927 expuxo a súa colección na Galerie au Sacre du Printemps, en París, acadando un grande éxito e chegando a vender todos os seus cadros.

A súa obra comprende pintura e debuxos de actividades sociais, retratos, autorretratos, animais, e paisaxes de ensoño compostas nun luminoso expresionismo, lixeiramente heteroxéneo, que reflicte as súas formas apacibles e optimismo ilimitado. Os seus cadros poden ser recoñecidos pola sinatura co seu alcume, Kiki, e polo ano anotado neles.

Ernest Hemingway e Tsuguhara Foujita fixeron a introdución das memorias de Alice Prin en 1929. Titulado As memorias de Kiki, foi publicado en Nova York no ano seguinte. Inmediatamente foi prohibido polo goberno dos Estados Unidos e así continuou até finais da década de 1970, cando aínda pertencía á sección de libros prohibidos da Biblioteca Pública de Nova York. Finalmente, en 1996, a autobiografía de Kiki de Montparnasse foi traducida ó inglés e publicada.

Na década de 1930, Alice foi propietaria dun cabaré en Montparnasse, Chez Kiki, onde se ofrecían actuacións musicais agradábeis con bailarinas vestidas con corsés e ligueiros. Kiki foi un dos símbolos da vida bohemia e creativa de París, e á idade de vinte e oito foi nomeada Raíña de Montparnasse. Incluso en tempos difíciles, ela mantivo a súa actitude positiva, dicindo "o único que necesito é unha cebola, un pouco de pan e unha botella de viño; e sempre atoparei a alguén que mo ofreza".

Alice Prin deixou París durante a ocupación do exército alemán na segunda guerra mundial e nunca máis volveu.

Morte e legado editar

Kiki morreu en 1953 en Sanary-sur-Mer, á idade de cincuenta e dous, aparentemente por complicacións do seu alcoholismo e da súa adicción ás drogas.

Multitude de artistas e admiradores asistiron ó seu funeral en París,e a seguiron en procesión até a súa tumba no cemiterio de Montparnasse. A súa lápida reza Kiki, 1901-1953, cantante, actriz, pintora, "Raíña de Montparnasse". Tsuguharu Foujita dixo que con Kiki, morreron os días de gloria de Montparnasse.

Moito tempo despois da súa morte, a figura de Kiki aínda rememora a franqueza, audacia e creatividade que marcaron unha época en París. Na súa honra, un diario foi chamado Kiki de Montparnasse.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Kiki of Montparnasse, de Frederick Kohner (1968).
  • Kiki: Reine de la Montparnasse, de Lou Mollgaard (1988).
  • Kiki's Memoirs (1996).
  • Kiki de Montparnasse, Catel & Bocquetn (2007).

Ligazóns externas editar