Alfredo Vallo García

industrial e político galego

Alfredo Vallo García, nado en Pregontoño (Burres, Arzúa) cara a 1906 e finado en Ponte San Xusto (Dombodán) o 27 de xullo de 1981, foi un industrial e político galego.

Infotaula de personaAlfredo Vallo García
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Burres, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Dombodán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun mestre nacional. Estivo emigrado no Uruguai e na Arxentina entre 1929 e 1934, onde traballou nuha ferraxería e nunha granxa agricola que montaron os seus irmáns. Cando retornou foi dono dunha taberna-abacería e dunha serra en Dombodán. Participou na campaña da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936, mantivo un enfrontamento co cabo da garda Civil Nemesio Hortal e foi detido por pegar propaganda electoral, saíndo en liberdade ao cabo de dous días. Logo do triunfo da Fronte Popular, foi nomeado concelleiro de Arzúa. Foi vogal da primeira directiva do PSOE de Arzúa que presidía José Corzo Conde, constituída o 27 de abril de 1936.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado durante un mes. Salvou da detención grazas ao seu irmán Daniel Vallo García que era requeté. Sufriu expediente de responsabilidades políticas.[2] Foi detido en 1948 por axudar á guerrilla xunto con outros veciños de Arzúa e a comarca de Deza. Xulgado na Coruña en marzo de 1949, foi condenado a tres anos de prisión.[3] Cumpriu condena na Prisión da Coruña de onde saíu en liberdade condicional en 1950.[4] Despois foi contratista de obras.[5] Finou en Ponte San Xusto o 27 de xullo de 1981.[6]

Vida persoal editar

Casou con Amalia Camino Bahamonde e foi pai de Ricardo, Carmen, Celia, Daniel, Eduardo e Celsa Vallo Camino.

Notas editar

  1. "El PSOE de Arzúa fija el 27 de abril como día del socialismo local", La Voz de Galicia, Santiago, 17-3-2010, p. L12.
  2. BOE, 8-11-1949, p. 2483.
  3. La Voz de Galicia, 23-3-1949, p. 3.
  4. BOE, 24-8-1950, p. 3705-3706.
  5. La Voz de Galicia, 12-7-1969, p. 8.
  6. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-7-1981, p. 55.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X. 

Ligazóns externas editar