Alfred Werner
Alfred Werner, nado en Mulhouse, Alsacia, antes en Alemaña, actualmente en Francia, o 12 de decembro de 1866 e finado en Zúric o 15 de novembro de 1919, foi un químico suízo, profesor da Universidade de Zúric e gañador do Premio Nobel de Química en 1913 por propor a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica. Werner desenvolveu as bases do complexo metálico moderno. Foi o primeiro químico inorgánico en gañar o Premio Nobel, de feito o único antes de 1973.
Alfred Werner | |
Nome orixinal | (de) Alfred Werner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de decembro de 1866 Mulhouse, Alsacia, Alemaña (hoxe en Francia) |
Morte | 15 de novembro de 1919 Zúric Suíza |
Lugar de sepultura | Rehalp Cemetery (en) , 85067 |
Datos persoais | |
Residencia | Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Zúric |
Director de tese | Arthur Rudolf Hantzsch (pt) |
Coñecido por | A configuración dos complexos metálicos transitivos. |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Zúric |
Lingua | Lingua francesa e lingua alemá |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Emma Giesker (1894) |
Premios | |
Premio Nobel de Química (1913) | |
Lista
|
Traxectoria editar
Aos 18 anos realizou os seus primeiros experimentos químicos. Realizou os seus estudos en Karlsruhe, Zúric e París. Foi profesor de química orgánica do Politécnico de Zúric en 1895 á idade de 29 anos. Foi membro de asociacións de investigadores de Suíza, Francia, Inglaterra e Rusia.
Padeceu de Arteriosclerosis a partir de 1913 e morreu diso en 1919 en Zúric.
Investigacións científicas editar
Werner desenvolveu no seu traballo de doutoramento as bases para o estudo dos complexos metálicos.
En 1893 enunciou a teoría da coordinación tamén chamada das valencias residuais segundo a cal os compoñentes moleculares inorgánicos actúan como un núcleo central ao redor do cal sitúanse un número definido doutros átomos, radicais ou outras moléculas segundo un patrón xeométrico sinxelo, e grazas á cal chegaron a descubrirse os isómeros de moitas combinacións metálicas. Propuxo a configuración en octaedro dos complexos de transición metálica.
En 1913 foi galardoado co Premio Nobel de Química en recoñecemento do seu traballo sobre o axuste de átomos nas moléculas polas cales abriu novas portas en investigacións anteriores e abriu novos campos de investigación especialmente en química inorgánica.
En 1914 descubriu o exol, un sal de cobalto, o primeiro composto quiral que non contiña átomos de Carbono.
Obras escritas editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Biografía en Nobelprize.org
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1913 (en inglés)
- Perfil de Alfred Werner en NNDB (en inglés)
Predecesor: Victor Grignard Paul Sabatier |
Premio Nobel de Química 1913 |
Sucesor: Theodore William Richards |