Alfred Nu Steele, coñecido como Alfred Steele, nado en Nashville, Tennessee, o 24 de abril de 1900 e finado en Nova York o 19 de abril de 1959, foi un empresario estadounidense famoso por ser director executivo (CEO) de Pepsi.

Infotaula de personaAlfred Steele
Biografía
Nacemento24 de abril de 1901 Editar o valor em Wikidata
Nashville, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 1959 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFerncliff Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Northwestern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector executivo , empresario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorPepsi-Cola Company (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJoan Crawford (1955–1959)

IMDB: nm1230840 WikiTree: Steele-3631 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Graduouse na Universidade Northwestern de Illinois en 1923. O seu primeiro traballo foi en Coca-Cola como vicepresidente de mercadotecnia.[1]

En 1949 converteuse en CEO de Pepsi-Cola. Baixo a súa dirección, as vendas triplicáronse entre 1955 e 1957. Reduciu o contido de azucre dos produtos Pepsi. Finou por un ataque cardíaco en abril de 1959.

Foi o cuarto e derradeiro marido da actriz Joan Crawford (casaron o 10 de maio de 1955 en Las Vegas).[2] Despois da súa morte, o novo director de Pepsi, escollido por Steele, nomeou a Crawford membro do Consello de Administración, onde permanece até a súa xubilación forzosa en 1973. A actriz colaborou na promoción da bebida en varias películas, como Strait-Jacket (1964) ou Berserk! (1967), e xestionou o patrocinio dun pabillón de animatrónicos na Exposición de Nova York con Walt Disney.

Tanto Alfred como Crawford están enterrados no cemiterio de Ferncliff en Nova York. O seu nome na cripta indica incorrectamente a súa inicial do medio como "M" en vez de "N" sen razón explicada.

Na cultura popular editar

Foi interpretado por Harry Goz no filme Mommie Dearest de 1981. [3]

Notas editar

  1. "What Happened To Alfred Steele? Joan Crawford's Husband Had A Tragic Passing". Bustle. 5 de marzo de 2017. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  2. "Escape Artist: The Case for Joan Crawfod". The New Yorker. January 3, 2011. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  3. "Harry Goz". British Film Institute. Consultado o 8 de novembro de 2020.