Alfonso Ortega Prada

político galego

Alfonso José Agustín Ortega Prada, nado en San Justo (Zamora) o 17 de maio de 1902 e finado en Brañuelas o 3 de xaneiro de 1944, foi un político galego.

Infotaula de personaAlfonso Ortega Prada
Biografía
Nacemento17 de maio de 1902 Editar o valor em Wikidata
San Justo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Brañuelas, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo primoxénito de José Ortega Pérez, de Cádavos, e Resurrección Prada Alonso. Estudou na Escola de Primeiras Letras das Ermidas e máis tarde entrou no Seminario de Astorga, onde completou os estudos. Alí fixo amizade con Clemente Fernández Lorenzo. Traballou no Bierzo levando o economato dunha empresa carbonífera ata o seu traslado a Madrid. En 1930 regresou a Galicia como representante comercial de Licores Méndez. Dous anos despois rematou a construción da súa casa en Xares. Militante socialista, dende setembro de 1933 foi secretario da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, e dende febreiro de 1936 oficial primeiro do concello da Veiga. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. A súa casa foi saqueada, a súa muller tivo que refuxiarse na casa dos pais e as súas irmás foron detidas e finalmente deportadas a Fuentesaúco. Adoptou a identidade do seu cuñado e comezou a traballar de xornaleiro na comarca de Valdeorras. Ao ser recoñecido tivo que marchar ao Bierzo. Instalouse como xornaleiro en San Martín de Carracedo e de alí pasou a Carracedelo dedicándose a traballar na madeira. En 1943 tentou montar un serradoiro en Toural dos Vaos. Cando regresaba de Brañuelas morreu nun accidente ferroviario.

Vida persoal editar

Casou con Generosa Lorenzo Escuredo en Matarrosa del Sil o 26 de novembro de 1926.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ortega Prada, Alfonso (2007). Memorias. Fundación Luís Tilve. ISBN 84-95773-03-1. 

Ligazóns externas editar