Alfons López Tena

Alfons López Tena, nado en Sagunt (Valencia) o 7 de decembro de 1957, licenciado en Dereito na Universidade de Valencia e notario desde 1983, é un deputado do Parlamento de Cataluña por Solidaritat per la Independència desde o 2010.[1][2]

Infotaula de personaAlfons López Tena
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Sagunto, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Líder (conxuntamente con Uriel Bertran e Antoni Strubell i Trueta) de Solidaritat Catalana per la Independència
Período20 de xullo de 2010 – ...
AntecesorNinguén
Deputado no Parlamento de Cataluña
por Barcelona
Generalitat de Cataluña
Período2010 – ...
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
OcupaciónNotario
Partido políticoConvergència Democràtica de Cataluña (1989 - 2010)
Solidaritat Catalana per la Independència (2010 - ...)
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7546873 Twitter: alfonslopeztena Dialnet: 1056600 Editar o valor em Wikidata

Foi vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial español entre o 2001 e o 2008. Como notario exerceu en Tàrrega (1983-1985), Xàtiva (1985-1988) e Barcelona (1988-1999). Foi fundador do Fòrum Notarial e Vicepresidente do Fòrum Notarial de Cataluña até 1999. Foi militante de Convergència Democràtica de Cataluña desde 1989 até o 2010, cando funda Solidaritat Catalana per la Independència. Anteriormente fora conselleiro por Convergència Democràtica desde 1996 até o seu nomeamento como vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial español a proposta de CiU. En agosto de 2007 crea, canda Hèctor López Bofill, o Cercle d'Estudis Sobiranistes, do que actualmente é presidente.[3]

Traxectoria editar

O seu currículo no mundo xurídico é moi extenso, comenzando como notario en Tàrrega, Xàtiva e Barcelona. Foi fundador e directivo da Subcomisión Xuvenil do Ateneu Mercantil e da Falla King Kong. Na Facultade de Dereito de Valencia fundou a Xunta Democrática e do Consello de Forzas Políticas e Sindicais do País Valenciano. Tamén foi fundador e directivo de Fòrum Notarial, a Societat Catalana d'Estudis Jurídics, pertencente ao Institut d'Estudis Catalans, e a Fundació Cataluña Oberta. Presidente do Centre Comarcal de Cultura de l'Urgell.

Membro do Consello Social da Facultade de Dereito da Universidade Ramon Llull-ESADE, de Òmnium Cultural, do Grup Hayek, de Barcelona 2020, e do consello asesor de Acció Cultural del País Valencià. Foi presidente da Sectorial de Justícia, vicepresidente da Agrupació d'Esquerra de l'Eixample, e conselleiro de Convergència Democràtica de Cataluña. Forma parte do Comité Executivo da International Organisation for Judicial Training, e constituíu a Comissió de la Veritat para investigar os crimes da ditadura no País Valenciano.

Foi nomeado a proposta de CiU no Congreso dos Deputados vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, onde se integra nas Comisión de Escola Xudicial, Relacións Internacionais, Igualdade de Xénero, e de relacións co Ministerio de Xustiza e as Comunidades Autónomas.

En agosto de 2007 anuncia, canda o escritor Hèctor López Bofill, próximo a ERC e posteriormente primeiro de lista de Solidaritat Catalana por Tarragona nas eleccións catalás de 2010, o creador do Cercle d'Estudis Sobiranistes, un espazo de debate para explorar os diversos aspectos do camiño de Cataluña cara á consecución dun Estado propio.

En xullo do 2010 crea, conxuntamente con Joan Laporta e Uriel Bertran, o movemento Solidaritat Catalana per la Independència, que tiña previsto presentarse ás eleccións ao Parlamente de Cataluña previstas para finais do 2010. Naquel momento deixa de ser militante de Convergència Democràtica de Cataluña. Nas eleccións primarias de Solidaritat Catalana per la Independència, celebradas o 4 de setembro de 2010, é escolleito número dous na lista pola circunscrición de Barcelona, e o 28 de novembro foi elixido deputado.

Obra editar

É autor de numerosas publicacións e conferencias sobre temas xurídicos e escribiu o ensaio Cataluña sota Espanya. L'opressió nacional en democràcia, onde se fala da relación entre Cataluña e España, a partir dunha formación xurídica, política e económica e do corpus teórico dos movementos de liberación nacional que tiveron éxito en procesos de independencia ao longo dos séculos XIX e XX.

Notas editar

  1. El Parlament dóna més autonomia a SI i Ciutadans, Avui
  2. Perfil de Alfons López Arquivado 28 de xuño de 2012 en Wayback Machine. en in.directe.cat
  3. "Cercle d’Estudis Sobiranistes". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar