Alexis Tsipras

político grego

Alexis Tsipras (en grego Αλέξης Τσίπρας), nado en Atenas o 28 de xullo de 1974[1], é un político grego e membro do seu Parlamento, líder da Coalición da Esquerda Radical (SYRIZA) e presidente de Synaspismos (SYN), partido político que forma parte de dita coalición.[2] Tras o seu grupo SYRIZA gañar as eleccións gregas do 25 de xaneiro do 2015 e logo de pactar coa formación ANEL converteuse en primeiro ministro do país heleno,[3] ata a convocatoria de eleccións anticipadas o 27 de agosto de 2015.

Infotaula de personaAlexis Tsipras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(el) Αλέξης Τσίπρας Editar o valor em Wikidata
28 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Leader of the Opposition (en) Traducir
8 de xullo de 2019 – 29 de xuño de 2023
← Kyriakos Mitsotakis
Primeiro-ministro da Grécia (pt) Traducir
21 de setembro de 2015 – 8 de xullo de 2019
← Vassiliki Thanou-Christophilou (pt) TraducirKyriakos Mitsotakis →
Membro do Parlamento Helénico (pt) Traducir
20 de setembro de 2015 – 29 de xuño de 2023
Circunscrición electoral: Constituency of Heraklion (en) Traducir
Primeiro-ministro da Grécia (pt) Traducir
26 de xaneiro de 2015 – 27 de agosto de 2015
← Antónis Samarás (pt) TraducirVassiliki Thanou-Christophilou (pt) Traducir →
Leader of the Opposition (en) Traducir
21 de xuño de 2012 – 25 de xaneiro de 2015
← Antónis Samarás (pt) TraducirAntónis Samarás (pt) Traducir →
Membro do Parlamento Helénico (pt) Traducir
10 de febreiro de 2008 – 29 de xuño de 2023
Circunscrición electoral: Athens A (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónNational Technical University of Athens (pt) Traducir - enxeñaría civil (–2000) Editar o valor em Wikidata
Altura1,74 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , enxeñeiro civil Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCoalición da Esquerda Radical
Partido Comunista da Grécia (pt) Traducir
Synaspismos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePeristera Baziana (en) Traducir (2009–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5053464 Facebook: tsiprasalexis Twitter: atsipras Instagram: alexistsipras Youtube: UCDjKEuGFhR0YNg_mBNdqBrw WikiTree: Τσίπρας-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou enxeñaría civil na Universidade Técnica Nacional de Atenas. Tras diplomarse en 2000, iniciou uns estudos sobre planificación territorial no marco dun programa interdepartamental da súa universidade, como tamén empezou a traballar como enxeñeiro civil no sector da construción.

Afiliouse ás Xuventudes Comunistas a finais dos anos 80. A comezos dos anos 90, mentres era alumno no Liceo de Ambelokipi, foi moi activo politicamente na rebelión dos alumnos de instituto contra unha lei controvertida do Ministro de Educación e Asuntos Relixiosos daquela época, Vasilis Kontogiannopoulos. Converteuse rapidamente en membro influente do movemento contestatario tras a súa participación nunha entrevista en televisión coa xornalista Anna Panagiotarea.

Como estudante da Universidade uniuse ás filas do movemento de renovación da esquerda e foi membro do Consello Executivo da Unión da Facultade de Enxeñaría Civil de Atenas e tamén foi representante dos estudantes no Claustro Universitario. Foi elixido membro do Consello Central da Unión Nacional de Estudantes de Grecia (EFEE) durante o período 1995-1997.

En 1999 foi elixido secretario da Xuventude de Synaspismos, cargo que ocupou até o 3º congreso da organización en marzo de 2003. Como secretario das Xuventudes de Synaspismos tomou parte activa no proceso de creación do Foro Social Grego e asistiu a todas as marchas e protestas internacionais contra a globalización neoliberal. No 4º congreso de Synaspismos en decembro de 2004, foi elixido membro do comité central do partido político, onde foi responsable das cuestións de educación e xuventude.

Nas eleccións de 2006 foi candidato a alcalde de Atenas, co apoio de Synaspismos e as forzas aliadas de SYRIZA. Encabezou a lista Ανοιχτή Πόλη (Cidade Aberta), quedando terceiro despois dos candidatos de Nova Democracia e PASOK cun apoio do 10,5% e catro concelleiros. Foi elixido para o cargo de presidente de Synaspismos durante o 5º Congreso do Partido en febreiro de 2008. Foi elixido membro do Parlamento nas eleccións nacionais en 2009 e desde entón dirixiu o grupo parlamentario SYRIZA.

Notas editar

  1. "Synaspismos Alexis Tsipras". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 9 de maio de 2012. 
  2. "Alexis Tsipras to head SYRIZA Parliamentary group". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2012. 
  3. D.A. "Syriza gobernará cunha excisión de Nova Democracia contraria ao memorando da UE". Arquivado dende o orixinal o 15/02/2016. Consultado o 26/01/2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar