Alexandre II, papa

Alexandre II, de nome Anselmo da Baggio, nado en Milán e finado en Roma o 21 de abril de 1073, foi Papa da Igrexa católica romana do 1061 ao 1073.

Infotaula de personaAlexandre II, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1010 Editar o valor em Wikidata
Baggio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 1073 Editar o valor em Wikidata (53/63 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Pedro Editar o valor em Wikidata
156º Papa
6 de outubro de 1061 – 21 de abril de 1073 (Gregoriano)
← Nicolao IIGregorio VII →
Bispo diocesano
23 de marzo de 1057 – – Anselmo de Lucca (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Lucca (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , escritor , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaДе Баджо (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAnselmo de Lucca (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 9680790 Editar o valor em Wikidata
Alexandre II

Traxectoria editar

Á morte de Nicolao II, a nobreza romana e os bispos lombardos diríxense ao emperador para que designe un novo papa co seu dereito a facelo. O cardeal Hildebrand, porén, futuro papa Gregorio VII, sen ter en conta o dereito imperial e baseándose nos dereitos que se aprobaron en 1059 no sínodo de Melfi sobre a elección papal, adiántase e fai escoller papa ao bispo de Luca, Anselmo da Baggio, que toma o nome de Alexandre III.

Os conselleiros de Henrique IV, entón de once anos de idade, considerando que, segundo o establecido na Constitutio Lotharii e no Privilegium Othonis, o emperador tiña dereito a que toda elección papal contase coa súa aprobación, responde nomeando antipapa ao bispo de Parma, Pietro Cadalus, que toma o nome de Honorio II.

Pero o nomeamento do antipapa Honorio non ten apoio nin sequera na Alemaña, o cal provoca o golpe de estado de Keiserwerth de 1062, polo cal Inés, a nai do emperador, vese obrigada a ceder a rexencia aos arcebispos Anno de Colonia e Adalbert de Bremen que intentando unha aproximación ao papa Alexandre II conseguindo no sínodo de Mantua do ano 1064 a destitución e excomuñón de Honorio II.

Continúa como os seus predecesores, a loita contra a simonía e o nicolaísmo, así como o seu enfrontamento co emperador do Sacro Imperio, Henrique IV, a quen obrigou a manter o seu matrimonio con Berta de Savoia; e no que se pode considerar un precedente da loita das investiduras, excomungará aos conselleiros do emperador ao consideralos instigadores da consagración como arcebispo de Milán do candidato imperial.

En 1063, transformou a chamada Reconquista hispana en guerra santa ao conceder indulxencia plena aos soldados que participasen na conquista de Barbastro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar