Alexandra Feodorovna Romanova

(Redirección desde «Alexandra Fiodorovna Romanova»)

Alexandra Feodorovna Romanova (en ruso: Александра Фёдоровна Романова), nada en Darmstadt o 6 de xuño de 1872 e finada en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi a emperatriz consorte de Rusia e dona de Nicolao II, o derradeiro tsar de Rusia. No ano 2000 foi nomeada Santa Alexandra Portadora da Paixón.

Alexandra Feodorovna Romanova
Алексaндра Фёдоровна Poмáнова
Emperatriz consorte de Rusia
A Emperatriz Alexandra.

Reinado1 de novembro de 1894 -
15 de marzo de 1917
Coroación26 de maio de 1896
Nome completoVitoria Alicia Helena Luísa Beatriz de Hesse-Darmstadt
Outros títulosOrde de San Andrés, Orde de Santa Catalina, Orde de San Alexandre Nevsky, Orde da Aguia Branca, Orde de Santa Ana, Orde de Santo Estanislau e Orde de Santa Olga.
Nacemento6 de xuño de 1872
Darmstadt, Hesse (Alemaña)
Falecemento17 de xullo de 1918
(46 anos)
Ekaterinburgo, Rusia
PredecesorMaría Fiodorovna Romanova
SucesorNatalia Sergeyevna Sheremetievskaya
ConsorteNicolao II
DescendenciaGran Duquesa Olga
Gran Duquesa Tatiana
Gran Duquesa María
Gran Duquesa Anastasia
Tsarévich Aleksei
Casa realRomanov
ProxenitoresLois IV de Hesse-Darmstadt
Alicia de Saxonia-Coburgo-Gotha

Escudo de Alexandra Feodorovna Romanova
Na rede
WikiTree: Hesse-Darmstadt-7 Find a Grave: 8391065 Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

Infancia e mocidade editar

Alexandra naceu o 6 de xuño de 1872 no Neues Palais de Darmstadt como A Súa Alteza Gran Ducal a princesa Vitoria Alicia Helena Luísa Beatriz de Hesse e do Rin,[1][2] un Gran Ducado que formaba parte do Imperio alemán. O Gran Ducado de Hesse era un territorio relativamente pequeno, con dificultades económicas permanentes e sen ningunha influencia política no escenario europeo. Segundo un artigo publicado o 3 de xullo de 1862 no Evening Star polo enlace da princesa Alicia do Reino Unido co príncipe Lois, o futuro gran duque Lois IV de Hesse-Darmstadt:

Hesse-Darmstadt era "un país sinxelo de carácter agrícola e gandeiro". Cunha corte pouco ostentosa, era un lugar fermoso, pero, separadamente dalgunhas vodas reais importantes (a princesa Guillermina, filla do gran duque Lois IX, foi a primeira esposa do futuro tsar Paulo I de Rusia, ou a princesa María, esposa do tsar Alexandre II de Rusia), non tiña ningunha importancia histórica. Era o sexto fillo e cuarta filla dos sete fillos de Lois IV de Hesse-Darmstadt e Alicia do Reino Unido, a segunda filla da raíña Vitoria.[3]

Alix foi bautizada o 1 de xullo de 1872, data do 10º aniversario de vodas dos seus pais, de acordo aos ritos da Igrexa Luterana e fóronlle dados os nomes da súa nai e cada unha das súas catro tías maternas, algúns dos cales foron transliterados ao alemán. Os seus padriños foron o príncipe e a princesa de Gales, o tsarévich e a tsarevna de Rusia, a princesa Beatriz do Reino Unido, a duquesa de Cambridge, e a landgravina de Hesse-Kassel. A súa nai deulle o alcume de Sunny, unha práctica máis tarde recolleita polo seu marido, mentres que os seus parentes británicos déronlle o alcume de Alicky para distinguila da súa tía, a princesa de Gales, que era coñecida dentro da familia como Alix.[4] O seu irmán máis vello, o príncipe Frederico, morreu en maio de 1873 logo dunha caída cando Alix non tiña nin un ano de idade.

En novembro de 1878, case toda a familia enfermou de difteria, primeiro foi a súa irmá Vitoria e días despois todos os nenos, así como o gran duque, contaxiáronse. A súa irmá Isabel foi enviada a vivir fóra de palacio coa súa avoa paterna, libándose así do contaxio. A princesa Alicia encargouse persoalmente do coidado da súa familia. O 15 de novembro faleceu a menor das nenas, María; cando Alicia tivo que informar a Ernesto Lois da morte da súa irmá, nun impulso bicouno e abrazouno co desexo de animalo. Días despois, cando a familia parecía haberse recuperado, a princesa Alicia enfermou gravemente e finalmente morreu o 14 de decembro, no aniversario da morte do seu pai, cando Alix tiña só seis anos de idade.

Alix e os seus irmáns creceron preto dos seus curmáns británicos e ían pasar as vacacións coa raíña Vitoria. Xunto coa súa irmá, a princesa Irene, foi en 1885 dama de honor na voda da súa madriña e tía materna, a princesa Beatriz do Reino Unido.[5] Tamén estivo presente nas celebracións do Xubíleo de Ouro da súa avoa en 1887.

Noivado e compromiso editar

 
Nicolao II, co uniforme de hussar, e a princesa Alix de Hesse en 1894.

Alix casou relativamente tarde segundo o punto de vista nesa época, principalmente por negarse a casar co seu curmán, o príncipe Alberte Vítor, duque de Clarence e Avondale, fillo máis vello do príncipe de Gales, ao redor de 1890, malia a forte presión familiar. Dise que a raíña Vitoria quería que os seus dous netos casasen; só porque era moi proclive a Alix, permitiu á súa neta tomar o seu propio camiño. A raíña ata chegou a dicir que estaba orgullosa de Alix por enfrontarse a ela, algo que moitas persoas, incluíndo á súa propio fillo, non se atrevían a facer.[6]

Nese momento Alix xa coñecera e namorouse do tsarévich Nicolao Aleksandrovich de Rusia, cuxa nai, a emperatriz María Feodorovna, era unha irmá da entón princesa de Gales, e cuxo tío o gran duque Serxio Aleksandrovich, estaba casado coa súa irmá Isabel.

Emperatriz de Rusia editar

 
Alexandra e o seu fillo Alexei.

Nicolao e Alexandra foron coroados como Emperador e Emperatriz de Rusia o 14 de maio de 1896 en Moscova.

Un ano máis tarde da súa voda con Nicolao, Alexandra alumeou o 15 de novembro de 1895 a unha nena, que recibiu o nome de Olga. A nena non puido ser nomeada herdeira debido ás leis implantadas pólo tsar Paulo I, polas cales só un home podía ser o herdeiro ó trono de Rusia. Tres nenas seguiron a Olga, Tatiana, María e Anastasia. Finalmente o 12 de agosto de 1904, Alexandra tivo a un fillo, Aleksei, que foi nomeado herdeiro, pero para desgraza dos seus pais, o neno tiña unha enfermidade incurable, a hemofilia.

No ano 1905 a parella instalouse de xeito definitivo no Palacio de Alexandre, en Tsarskoe Selo. Esta decisión foi motivada en gran parte pólo desexo de ocultar ó público a enfermidade do tsarévich Aleksei. O xene responsable da enfermidade foi transmitido desde a súa bisavoa, a raíña Vitoria, quen pasou a enfermidade a todas as casas reinantes de Europa.

Os anos seguintes foron escenario de dramáticos eventos e de grande importancia coma a derrota rusa na guerra co Xapón, os motíns estudantís, a apertura da Duma. Ana Vyroubova, a súa dama de honor, presentou a Grigori Rasputín á familia imperial.

Primeira guerra mundial editar

Co estoupido da primeira guerra mundial, Alexandra, e as súas catro fillas, axudaron a curar os feridos da guerra. Mentres a guerra avanzaba, o descontento popular paralizaba o país. Rasputín, que exercera grande influencia na tsarina, co pretexto de poder curar o seu fillo enfermo, foi asasinado o 31 de decembro de 1916, polo príncipe Felix Youssoupov. O réxime tsarista xa estaba preto do seu final.

Revolución rusa de 1917 editar

Artigo principal: Revolución rusa de 1917.

Prisión en Tsarskoe Selo e Tobolsk editar

 
A última fotografía coñecida da emperatriz Alexandra. Na imaxe aparece xunto ás súas fillas Olga (dereita) e Tatiana (esquerda) sentadas no balcón da mansión do gobernador de Tobolsk, durante a primavera de 1918.

O goberno provisional ruso formado trala Revolución de Febreiro mantivo a Nicolao, Alexandra e os seus fillos baixo arresto domiciliario no seu palacio en Tsarskoe Selo. Alí recibiron as visitas de Aleksandr Kerenskii, quen entrevistou a Alexandra para coñecer o seu papel nos asuntos de Estado e o papel de Rasputin a través da súa influencia nela.[7] Ela respondeu que posto que ela e o seu marido non tiñan segredos entre eles, a miúdo discutían sobre política e naturalmente ela lle daba consellos para apoialo. En canto a Rasputin, afirmou que foi un verdadeiro home de Deus, e os seus consellos só procuraban o ben de Rusia e da familia imperial.[7] Trala entrevista, Kerenskii dixo ao tsar que pensaba que Alexandra lle dixera a verdade e que non mentía.[7]

O goberno provisional non desexaba manter a familia en Rusia, en parte porque tanto eles como o goberno estaban baixo a ameaza dos bolxeviquees. Deste modo confiaron en que o tsar e a súa familia fosen recibidos no Reino Unido, e comezaron as xestións para que así fose.[8] A pesar do feito de que o rei Xurxo V era primo tanto de Alexandra como de Nicolao, rexeitou a posibilidade que a familia se exiliara no seu país debido ás posibles repercusións que podería ter no seu trono.[9] Tras isto, suxeriuse que fosen enviados a Francia. Aínda que non se chegou a consultar ao goberno francés, o diplomáticos británicos en Francia informaron que a familia non sería ben recibida alí, posto que os sentimentos antialemáns eran moi fortes nese momento por mor da guerra e Alexandra era amplamente impopular porque se pensaba que simpatizaba cos xermanos.[8] O goberno provisional mostrouse contrariado polo feito de que ningún país estranxeiro mostrara interese en recibir á familia, e viuse forzado a envialos a outro lugar en Rusia, posto que a situación comezaba a ser cada vez máis difícil.[8]

En agosto de 1917, a familia foi enviada a Tobolsk en Siberia, para apartalos da capital e evitar que puidesen sufrir algún dano.[8] Tanto Nicolao como Alexandra suxeriron que se lles enviase ao palacio de Livadia en Crimea, pero Kerenskii considerou esta posibilidade como moi perigosa, posto que terían que atravesar a Rusia central, que naquel momento estaba chea de revoltas e os membros das clases máis altas estaban sendo vítimas de ataques pola poboación.[8] Pola súa banda, en contraste co centro e sur de Rusia, Siberia mostraba un clima de maior calma e seguridade, así como de maior simpatía polo deposto emperador.[8] Hai evidencias de que o goberno provisional realmente trataba de sacalos do país por medio do ferrocarril Transiberiano, cumprindo así o desexo de envialos ao exilio, pero esta vez por unha ruta diferente.[8] Este plan non foi revelado á familia, e se realmente foi así, tivo que ser cancelado debido á presenza dos bolxeviques na cidade de Ekaterimburgo e outras cidades ao longo da ruta do ferrocarril ao leste de Tobolsk, polo que a familia quedou no seu destino "oficial".[8]

Desde Tobolsk, Alexandra foi quen de enviar unha carta á súa cuñada a gran duquesa Xenia Aleksandrovna, que estaba refuxiada en Crimea:

A miña querida Xenia, os meus pensamentos están contigo, que maxicamente bo e bonito debe ser todo contigo – ti es as flores. Pero e imposible de describir a dor pola madre patria, non o podo explicar. Alédome de que estes finalmente coa túa familia da que estiveras apartada. Quero ver a Olga na súa nova gran felicidade. Todos están sans, pero eu, durante as últimas 6 semanas sufro dores nerviosos na miña face e dor de dentes. Moi tormentoso...
Vivimos tranquilos, estamos establecidos [en Tobolsk] porén está moi moi lonxe de todos, pero Deus é misericordioso. Dános forza e consolación...[10].

Alexandra e a súa familia permaneceron en Tobolsk ata despois da revolución bolxevique en novembro de 1917. A caída do goberno provincial e o ascenso ao poder dos bolxeviques empeorou considerablemente a súa posición.[8]

Traslado a Ekaterimburgo editar

En 1918, foron desprazados progresivamente ata a cidade de Ekaterimburgo sede do Soviet dos Urais. Nicolao, Alexandra e a súa filla María chegaron á casa Ipatiev o 30 de abril de 1918. Cando chegaron a súa nova prisión, recibiron á orde de abrir todo o seu equipaxe. Alexandra protestou e Nicolao tivo que saír na súa defensa dicindo: ata agora recibimos un trato educado e os homes eran cabaleiros pero agora...[11] Os gardas non o deixaron rematar a frase e lles informaron de que xa non estaban en Tsarskoe Selo e que se se negaban a cumprir as súas ordes serían apartados do resto da familia. En maio uníronselles Olga, Anastasia e Aleksei, que quedaran en Tobolsk debido a que Aleksei sufrira un episodio de hemofilia que lle impedía viaxar.

Setenta e cinco homes conformaron a garda da casa Ipatiev. Moitos deles eran traballadores das fábricas locais Zlokazovsky e Verkh-Isetsk. O comandante da casa, Aleksandr Avadeiev, foi descrito como "un verdadeiro bolxevique". A maioría das testemuñas refírense a el como "rudo, bruto e gran bebedor". Se chegaba unha petición para un favor á familia, Avadeiev sempre daba a mesma resposta, "que se vaian ao inferno!". Os gardas na casa adoitaban escoitalo referíndose ao deposto tsar como "Nicolao o bebedor de sangue" e a Alexandra como "a zorra alemá".[12]

Para a familia, a vida na casa Ipatiev non foi doada, debido á incerteza e o medo. Nunca chegaron a saber se estarían alí durante só un tempo ou se poderían separalos e asasinalos. Durante a súa estancia en Ekaterimburgo desfrutaron de poucos privilexios, como de poder camiñar unha hora pola tarde no xardín da casa baixo a atenta mirada dos gardas. O tsarévich Aleksei non podía camiñar debido á hemofilia, e o seu mariñeiro niñeiro Klementii Nagornii tiña que levalo en brazos. Alexandra rara vez uníase ao resto da familia nestes actividades, senón que adoitaba pasar a maior parte do seu temo na súa cadeira de rodas, lendo a Biblia e os traballos de san Serafín. Pola noite a familia xogaba ás cartas ou lía. Recibían poucas cartas do exterior, e os periódicos que lles entregaban tiñan uns días de atraso.[13]

Dmitrii Volkogonov e outros historiadores soviéticos consideraron que as probas suxiren de xeito indirecto que o propio Vladimir Lenin ordenou persoalmente a execución da familia imperial,[14] porén os rexistros oficiais soviéticos apuntan como responsables da decisión ao Soviet Rexional dos Urais.[15] Lev Trotski, no seu diario, deixa claro que o asasinato tivo lugar por orde directa de Lenin:

A miña seguinte visita a Moscova tivo lugar trala caída de Ekaterimburgo. Falando con Sverdlov preguntei: "Oh si, en onde está o tsar?" "Acabouse," respondeu. "Foi fusilado." "E onde está a súa familia?" "E a familia con el." "Todos eles?" preguntei, aparentemente cun toque de sorpresa. "Todos eles", respondeu Sverdlov. "Pasa algo?" preguntou esperando a miña reacción. Non respondín. "E quen tomou a decisión?" preguntei. "O decidimos aquí. Ilyich (Lenin) cría que non debíamos deixar que os Brancos tiveran un estandarte polo que loitar, especialmente nas difíciles circunstancias actuais.[16]

O 4 de xullo de 1918, Iakov Iurovski, o xefe da cheka de Ekaterimburgo, foi nomeado comandante da casa Ipatiev. Iurovski era un bolxevique convencido, un home no que podían confiar para levar a cabo as ordes concernentes á familia imperial. Este actuou con seguridade, requisou tódalas xoias e obxectos de valor á familia, gardándoos nunha caixa selada. Alexandra puido conservar tan só dúas pulseiras que o seu tío, o duque de Albany, lle dera cando era unha nena e que non puido quitarse. Iurovski descoñecía que a tsarina e as súas fillas levaban cosidas na súa roupa interior toda clase de diamantes, esmeraldas, rubís e colares de perlas, que non serían descubertos ata despois dos asasinatos.[17]

O domingo, 14 de xullo de 1918, dous sacerdotes acudiron a casa Ipatiev para celebrar unha misa. Un destes sacerdotes, o pai Storozhev contaría máis adiante:

Entrei o primeiro na sala de estar, seguido do diácono e Iurovski. Ao mesmo tempo, Nicolao e Alexandra entraban polas portas que daban ás estancias interiores. Dous das súas fillas estaban con eles. Non tiven a oportunidade de saber cales. Creo que Iurovski preguntoulle a Nicolao Aleksandrovich, "Ben, estades todos aquí?" Nicolao Aleksandrovich respondeu con firmeza, "Si, estamos todos". Diante do arco, Alexandra Feodorovna estaba xa situada con dous das súas fillas e Aleksei Nikolaevich. El estaba sentado nunha cadeira de rodas e levaba unha chaqueta, polo menos mo pareceu, cun colar de mariñeiro. Estaba pálido, pero non tanto como no meu primeiro servizo. En xeral parecía máis san. Alexandra Feodorovna tamén tiña unha aparencia máis saudable... segundo a tradición litúrxica é obrigatorio que ler en certo momento a oración, "Quen está cos Santos". Nesta ocasión por algunha razón o diácono, en lugar de lela comezou a cantala, e tamén eu, algo avergoñado por saír do ritual. Pero comenzamos a cantala en segredo cando escoitei que os membros da familia Romanov, situados as miñas costas, caeron sobre os seus xeonllos...[18]

Execución editar

Artigo principal: Execución da familia Romanov.
Santa Alexandra
Portadora da Paixón
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1872 en Darmstadt, Imperio Alemán
Pasamento17 de xullo de 1918 en Ekaterimburgo, RSFS de Rusia
Proceso de canonización
Canonización2000, Rusia por Patriarcado de Moscova
Veneración
Venerado/a enIgrexa Ortodoxa Rusa

Títulos editar

  • A Súa Grandeza Ducal princesa Alix de Hesse e do Rhin (1872–1894)
  • A Súa Grandeza Imperial gran duquesa Alexandra Feodorovna de Rusia.
  • A Súa Imperial Maxestade a emperatriz de todas as Rusias (1894 – Febreiro 1917) – título perdido tras a abdicación de Nicolao II.

Notas editar

  1. Gelardi 2005, p. 5.
  2. Buxhoeveden 1996, p. 1.
  3. "Prince Louis of Hesse-Darmstadt". Evening Star (en inglés) (Londres): 2. 3 de xullo de 1862. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  4. King 2007, p. 52.
  5. "National Portrait Gallery - Portrait - NPG x33000; Prince and Princess Henry of Battenberg with their bridesmaids and others on their wedding day". 
  6. Pope-Hennesy 1959, p. 183.
  7. 7,0 7,1 7,2 King 1994, p. 344-345.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 King 1994.
  9. Tames 1972, p. 57.
  10. Van der Kiste & Hall 2002, p. 121.
  11. King 1994, p. 344.
  12. King 1994, p. 345.
  13. King & 1994 346.
  14. Volkogonov 2006, p. 212.
  15. Adrian Blomfield in Moscow (1 October 2008). "Russia exonerates Tsar Nicholas II". Telegraph.co.uk. 
  16. King 1994, p. 358.
  17. Massie 1967, p. 539.
  18. King 1994, p. 361.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar